Bo día equipo!
Un diario é algo que estaría fenomenal que todos e todas tivésemos para poder expresar unha morea de sentementos e ideas: escribir aventuras que nos pasan no día a día, debuxar deixando voar a imaxinación, escribir poesias, probar diferentes técnicas de pintura... ou simplemente contarnos unha historia a nós mesmos/as.
Aquí vos paso un pequeno fragmento que nos mostra algúns trucos para facer un diario e algunhas cuestións referentes ao texto.
Agardo que disfrutédes da lectura e vos animedes a iniciar a fermosa aventura de ter o voso "rincón" emocional en forma de diario.
Sería moi bonito que o comezárades (se non o fixestedes xá) e a volta ás clases,en setembro , as persoas que lles apeteza que nos mostrasen o que a eles/as queiran...eu mostrareivos algunhas partes dos meus encantado!!
Escribir un diario
Hoxe en día é difícil distinguir entre blog e diario, xa que moita xente
considera que un blog é,en certa maneira, un diario en Internet.
Pero o termo diario segue referindo
á súa acepción tradicional. O diario é ese caderno no que o seu autor, todos os
días, escribe con bolígrafo durante cinco minutos o que el considera relevante
no que lle ocorreu durante o día. É, en resumo, un libro por e para un mesmo. Para
alguén que queira empezar a escribir un diario, aquí van unhas pautas que poden
ser de axuda:
1.A propia vida parécelle extraordinaria, é a mellor historia que pode
narrar xamais.
2. Un diario é unha historia intimista. Nun diario, a obxectividade e a
sinceridade son calidades opostas. Seica o novelista ruso Leon Tolstoi escribía
tres diarios: un para que o lese a súa muller; outro, que pensaba mandalo
publicar despois da súa morte; e outro que levaba sempre con el, escondido na
súa bota dereita, no que poñía os seus pensamentos máis íntimos.
3. O diario debe reflectir a vida do escritor, ou o que lle pareza máis
importante dela. Se non tivo un día fóra do normal, pero ten ganas de escribir,
quizais o apropiado é reflectir o seu estado deánimo.
4. A xente nova e os futuros escritores servíronse dun diario para apuntar
as súas inquietudes literarias. Por exemplo, o famoso escritor Ernest Hemingway
escribía algunhas das cousas quelle ocorrían, que podían ser o argumento dunha novela.
Fonte: http://www.papelenblanco.com/2008/01/15escribirundiario
Responde as preguntas:
1. Que é un diario
na súa acepción tradicional?
2. Para quen se
escribe un diario?
3. Segundo a lectura, é o mesmo un blog que un
diario? Razoa a túa resposta.
4. Por que cres
que Leon Tolstoi escribía tres diarios?
5. Para que
utilizaba Ernest Hemingway o seu diario?
6. Conta, a modo
de diario, algo que che ocorrese onte.
A data de entrega é o venres 5 de xuño.
Calquera dúbida ,preguntáde.
Apertas.
Calquera dúbida ,preguntáde.
Apertas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario