PEQUENOS XESTOS, GRANDES ACCIÓNS
Bos días a todas/os!! Como estades?
A miña proposta para esta semana é a seguinte:
- Mira os debuxos: Que pensas, que
che vén á cabeza, que sentes ó velo?
- Clica sobre os debuxos e verás uns vídeos: Pensa, analiza e reflexiona!
- Gústouche? Que pensaches cando o estabas vendo? Que sentiches?..
Estes curtos ensínannos
que as persoas podemos realizar no noso día a día Pequenas Accións que Melloran a Vida
dos Demais.
Tamén nos fai ver que
cando realizas BOAS ACCIÓNS, recibes EMOCIÓNS, fas FELIZ a quen che
rodea, e a TI mesmo. Ademais esta AMABILIDADE contáxiase creando unha Cadea
de Actos SOLIDARIOS que fan que este MUNDO sexa un lugar
MELLOR.
Despois de esta pequena reflexión, propóñovos facer unha CADEA DE
AGRADECEMENTOS, para brindar unha homenaxe a TODA As
PERSOAS, desde os profesionais da sanidade (doutores,
enfermeiras, auxiliares, limpadoras…) ata o resto de sectores, ás veces non tan
visible, pero que, co seu traballo e esforzo, axudáronnos a protexernos e a
soportar mellor esta situación que estamos a vivir. Seguro que coñecedes a
moitas/os.
Para iso gustaríame que: Fixérades un CARTEL poñendo a palabra GRACIAS AS/OS …. e o sector que TI creas que tamén
axudaron a levar mellor esta situación. Lembra colorealo e
decóralo ó teu gusto!!. Déixovos algúns exemplos…
E LEMBRA:
COLOREA O TEU MUNDO CON AMABILIDADE!!
📢📣NOTA:
PARA AS NENAS E NENOS DE RELI!!
Déixovos uns xogos específicos da nosa materia
para repasar un pouquiño os contidos!! Espero que vos gusten!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario