mércores, 27 de maio de 2020

REGULACIÓN EMOCIONAL COA PROFE ELI

Bos días rapazas e rapaces de 5º e 6º, como estades?
Hoxe déixovos unha actividade para axudarvos a REGULAR as EMOCIÓNS cando vos sintades nerviosos, enfadados…
Un pouco difícil verdade? Pero imos tentar 
  • Unha pista: está relacionado co que fai este EMO que vos poño a continuación:
Siiii, está a respirar!!!
  - ¿Quieres que te enseñe a respirar? 
¿R E S P I R A R? ¡Si yo ya sé respirar!!! 
Así comeza o conto que vos deixo a continuación “RESPIRA” 
Preguntarédesvos por que é importante respirar ben? 
Pois ben, a respiración relaciónase directamente coas nosas emociónscando estamos nerviosos, a respiración é rápida e sonora; cando estamos tranquilos, é pausada e harmónica. Por tanto, se en momentos críticos sabemos controlar a respiración, poderemos actuar con serenidade. Respirar profundamente axudaranos a tranquilizarnos, a concentrarnos cando temos mil ideas na cabeza ou a durmir cando as preocupacións asáltannos. 
Por iso a autora deste conto ensínanos uns exercicios a través dos cales imos conseguir a interiorización e unha respiración consciente. Clica nas imaxes para poder ver o conto, e as recomendacións de Anxo Fariña 
Penso que o ideal é dotar aos nenos de diferentes recursos para que, no momento que o precisen, poidan aplicalos facilmente.
Se vos decidides a practicar algún exercicio do conto gustaríame que vos quitasen unhas fotos e as enviedes ó meu correo: 
elibalado12@gmail.com  
ESPERO QUE VOS  POIDA AXUDAR UN POUQUIÑO!!
PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE RELI 
Deixos estas dúas actividades para practicar contidos.
Clica en   Lanitas e no Xogo de Boom para acceder as actividades.
Para facer a actividade de Lanitas segue as instruccións que deixo no seguinte debuxo. Espero que vos gusten!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario