Bo día queridos/as alumnos/as de quinto!!
Dentro do proxecto de centro deste ano "MOAÑA ANTIQUA", estamos a traballar sobre os lugares míticos da Moaña antiga.
Así pois logo de facer unha selección de lugares da contorna e asignar un lugar ao alumnado:
Poza da Moura: Daniela
Igrexa de Tirán San Xoán:Asier.
Igrexa de Ermelo: Alicia.
Igrexa de San Martiño: Marcos Ainhoa.
Casa Rectoral de San Martiño: Nastia:
Dolmen Chan de Arquiña: Mauro.
Mámoas do lago Castiñeiras:Cristian.
Castro de Montealegre: Lucas.
A tarefa consiste en:
1.Investigar sobre o lugar que escollemos.
2.Crear un texto en WORD coa información máis relevante.
Debe responder como mínimo as seguintes preguntas:
- Introducción presentándovos a vos e ao lugar.
- Onde está?
- Cando se construiu ou de cando consta a súa presencia?
- Porque é coñecido?
- Cales son as súas caracteristicas principais?
- Cal é a súa historia?(aquí podedes falar ,se atopades información, de anécdotas ou información suriosa sobre o lugar)
- Que sinto ao estar en este lugar ?
- Porque recomendaría a visita aos meus compañeiros/as?
- Despedida e agradecemento pola atención.
3.Con ese texto elaborar un discurso para a presentación e ensaiar antes da súa grabación.(Este texto e Word tedes que enviarmo xunto co video)
4.Gravar o vídeo NO LUGAR QUE ESCOLLESTEDES de vós presentando o lugar e respondendo a tódalas questións .Facedeo con alegría,disfrutade do proceso e pensade no bonito que é descubrirlle aos demais lugares novos e interesantes e como ,en parte , grazas a vós , as outras persoas o van a disfrutar.
Ahh,lembrade de gravar co teléfono en posición HORIZONTAL,FACEDEO TODOS/AS ASÍ PARA PODER MONTAR DE XEITO CORRECTO O VIDEO FINAL.
A DATA DE ENTREGA É O VENRES 29 DE MAIO.
Máis nada,calquera pregunta,estou para axudarvos.
Apertas e ánimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario