luns, 4 de maio de 2020

CANTIGAS SEXTO

A actividade de esta semana vai a xirar entorno a música galega.
En Galiza, temos unha gran cultura musical, e través desta ACTIVIDADE intentaremos coñecela un pouquiño máis. Temos música en galego en moitos e diferentes estilos; tradicional, rap, folk, reggae, heavy, rock...
O que vos pido é que dediquedes tempo a escoitar cancións de diferentes estilos, ou que preguntedes a familiares ou amigos e vos recomenden cancións en galego, relaxádevos e deixádevos levar pola música, desfrutade dela.

EXERCICIO 1: consiste en seleccionar unha canción en galego, que nos guste, que nos transmita, que nos faga sentir... escribimos a canción.

EXERCICIO 2: buscamos información do grupo musical ao que pertence a cantiga, compoñentes, tipo de música, ano de creación, lugar de onde son, instrumentos, un pouquiño da súa carreira...

EXERCICIO 3: nun mapa mudo de Galiza (pode ser debuxado ou unha imaxe), situaremos o lugar de orixe de grupo (se ten varios compoñentes de lugares distintos, situamos todos). De seguido, situaremos as provincias de Galiza no mapa, así como, os océanos ou mares que bañan as nosas costas, o nome das nosas rías, as montañas máis destacadas, os puntos cardinais, as provincias, comunidades ou países que lindan con Galiza e a nosa localidade.

EXERCICIO 4: na canción seleccionada subliñaremos 5 verbos e analizaremosnos (tempo, modo, persoa, número, conxugación, separamos lexema e morfemas). Subliñaremos 2 adxectivos e 2 substantivos, utilizando un código de cores.

EXERCICIO 5: investigaremos para descubrir a distancia en metros entre a localidade do grupo e Moaña, para resolver a seguinte cuestión; se queremos recorrer esa distancia en 5 etapas, cantos metros debemos recorrer en cada etapa?

EXERCICIO 6: buscamos información da poboación de Galiza, e dos habitantes de cada unha das provincias, cos datos recollidos crearemos un diagrama de barras (no eixe horizontal situaremos as provincias e no eixo vertical o número de habitantes), colocaremos no diagrama tamén Moaña e a localidade do grupo co seu número de habitantes.


EXERCICIO 7: explica en 5 liñas como mínimo; porqué elixiche esta canción?, como te sintes cando a escoitas?, de que trata a canción?

EXERCICIO 8: deseña a portada do seguinte disco que publicará o teu grupo ou cantante escollido, recorda que debe ter trazos da identidade do grupo, do seu estilo e sobre todo debe ser atractivo, para chamar a atención dos compradores.

Espero, que desfrutedes moito con esta actividade, aproveitade para escoitar música de diferentes estilos e coñecer un pouquiño máis da nosa cultura, que ante esta situación está sufrindo un pouco.
Moito ánimo a todas e a todos!
Bicos e apertas.






1 comentario: