xoves, 7 de maio de 2020

AS EMOCIÓNS COA PROFE ELI

Ola, bos días rapazas e rapaces de 5ºe 6ºde Primaria!

Que tal o estades pasando agora que xa podedes saír un pouquiño?

Nestes días, na miña cabeza xorden mogollón de sentimentos e emocións. 

As veces está feita un lío. Isto inclúe desde as pequenas picadas de TRISTEZA, o terrible e escuro MEDO, as chispas que saltan cando me xurde o ENFADO, e ata as cóxegas de ALEGRÍA que é, a miña META DIARIA!
E a vós ocórrevos ó mesmo?

Así que vos deixo unha imaxes de “EMOS”, e se clicades neles teredes pequenas sorpresas que espero que vos  fagan pensar, reflexionar e entretervos un pouquiño.


Se queredes podedes mandarme algunha foto en distintas situacións para ver as vosas caras: alegres, tristes, enfadadas ou aburridas…xa sabedes o meu correo é:  

elibalado12@gmail.com

Un bico para TODOS e a gozar dos pequenos paseos, pero sempre con coidado!!!
E lembrade!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario