luns, 18 de maio de 2020

TAREFA SEXTO

A actividade desta semana está relacionada co Día das Letras Galegas, que como xa sabedes celebrouse onte, día 17 de maio, seguro que sabedes a quen se lle adicou este ano, pero a través desta actividade descubrirémolo e investigaremos, para coñecelo un pouquiño máis.

EXERCICIO 1: Resolvede as seguintes operacións combinadas (recordade a orde para facer as operacións primeiro parénteses, despois multiplicacións ou divisións, e por último sumas ou restas), quero ver a resolución das operacións non me vale só o resultado.
 3 x 8 - 15 : 3 =
 12 : 6 + 4 x 4 =
18 : 6 + 21 : 3 =
3 x 4 - 42 : 7 =
5 x ( 8 - 2 ) - 12 : ( 3 + 3 ) =
45 : ( 12 - 3 ) + 6 x ( 5 - 2 ) =
24 : ( 4 + 2 ) + 20 x 3 =
100 + 5 x ( 8 - 6 : 2 ) =
Unha vez teñamos o resultado das operacións, utilizaremos o seguinte código para asignar unha letra a cada resultado, coas letras obtidas poderemos formar o nome ou algún dos apelidos do autor o autora a que lle dedica o Día das Letras Galegas.

1- B             23- R
6- A             24-  I
7- D             28- V
10- O           31- T
18- A           64- C
19- H           125- L
20- E           102- U
9- F             43- S

EXERCICIO 2: Xa temos unha pista, así que comezamos a investigar sobre o escritor ou escritora, recollemos información e a presentaremos nun mapa conceptual. A información mínima que debe aparecer é; data e lugar de nacemento, estudos, profesións, feitos destacables da súa vida, obras (algunhas, as máis representativas), data e lugar de falecemento...

EXERCICIO 3: Coñecemos a súa obra "As pitas baixo a choiva", se buscades en internet podedes atopar audios, videos (youtube)...desta obra. Indicamos a que xénero literario (narrativa, lírica ou teatro) pertence a obra e facemos un resumo da obra.

EXERCICIO 4: Indicamos os elementos da narración (personaxes principais e secundarios, narrador e tipo de narrador, espazo e tempo).

EXERCICIO 5: Este autor colaborou na redacción do Estatuto de Autonomía, infórmate e explica que é.

EXERCICIO 6: Que sabemos sobre as pitas? que son? explica as súas características, a súa alimentación, os tipos,...

EXERCICIO 7: Debuxamos unha pita utilizando o blanco e negro como cores, podedes sombrear, difuminar...incorporade na vosa creación a palabra ou frase que máis vos guste en galego.

EXERCICIO 8: Buscade refráns ou frases feitas en galego nas que aparezcan as palabras, pitas, galos, galiñas...e explicade o seu significado.

Ánimo!!!
Moitos bicos e apertas!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario