luns, 11 de maio de 2020

EXCURSIÓN VIRTUAL SEXTO

Ola alumnos e alumnas de sexto!
Nestos momentos deberiamos estar comenzando a vosa excursión de fin de curso, pero ante a imposibilidade de realizada intentaremos viaxar virtualmente.

Aproveitaremos a actividade desta semana para coñecer o noso destino dende a distancia.

Propóñovos para esta semana que vos transformedes en axentes de viaxe, e creedes un folleto, unha guía turística, un anuncio para televisión ou para radio, un video... para publicitar o noso destino, Cantabria. A elección do formato queda da vosa man. 

Para facer un bo traballo publicitario debemos primeiro coñecer ben o lugar que imos publicitar, así que; investigade, buscade información, ver vídeos, fotografías, visitade virtualmente lugares de interese... recollede información sobre a súa localización xeográfica, historia, o seu clima, a súa cultura, gastronomía, os seus espacios naturais, as actividades de lecer que se poden realizar, lugares que poderiades visitar...

Unha vez teñades a información, revisar folletos, guías turísticas, videos publicitarios de outros lugares e decidir o que ides facer.

Cando xa o teñades decido, empezar a crear o voso, recordade que ten que chamar a atención, información clara e sinxela, imaxes, música, cores...todos os elementos xogan un importante papel na publicidade.
Ánimo!!!
Moitos bicos e apertas

Ningún comentario:

Publicar un comentario