Este venres día 5 de xuño celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente.
O tema de este ano é a BIODIVERSIDADE.
A actividade desta semana consistirá en facer unha redacción na que expliquedes; Por que se celebra ese día?, cal é a súa intención?, canto tempo se leva celebrando?... facede referencia ao tema deste ano; explicade que é a biodiversidade, a súa importancia... facede unha reflexión sobre a situación actual do Medio Ambiente... Investigade e contarnos todo o que descubrades.Despois de recoller toda a información, facede unha lista de accións que poderiamos realizar de xeito persoal para axudar a conservar o Medio Ambiente. De esa lista, escolle unha acción e intenta levala a cabo esta semana, ao finalizar esta semana inclúe na túa redacción unha valoración (a miña acción serve de algo?, se cambiasemos algúns dos nosos hábitos axudaría a conservación do medio, é suficiente o que estamos a facer?...).
Para finalizar crea un "slogan" para concienciar da necesidade de conservar o Medio Ambiente.
Bicos e apertas.
😱😱😱😱
ResponderEliminarpuaj
ResponderEliminar