mércores, 3 de xuño de 2020

PROPOSTA FINAL DA PROFE ELI

Ola rapaz@s de 5º e 6º de Primaria!! 
Xa queda moi pouquiño para acabar o curso, así que hoxe como proposta final quero darvos os bos días co seguinte vídeo.
Que vos parece?😍😍😍😍

Aproveitando que5 de Xuño é o Dia Mundial do Medio Ambiente, quero destacar a importancia de COIDAR NOSO VITAL E FERMOSO MEDIO AMBIENTE, tan desexado de gozar este ano máis que nunca!!!   
UNHA REFLEXIÓN, UN ENSINO
O confinamento debido á pandemia do COVID19, trouxo impactos positivos no ambiente xa que, o freo obrigado imposto ás industrias, a disminución do transporte, tanto terrestre como aéreo, a detención da circulación de persoas, e a actividade comercial… fixo que baixase o nivel da contaminación do aire. As augas das praias locen cristalinas, están cada vez máis limpas e deixan ver a beleza do seu fondo. Tamén propiciou que os animais que viven preto paseásense curiosos, como jabalíes por Barcelona e Madrid, corzos por Segovia, lobos e osos en pobos de Galicia e Asturias, ou golfiños no porto de Cádiz. En Venecia, a auga das canles vese máis clara debido á nula presenza de turistas e de tráfico de góndolas. A súa calma permitiu que peixes de varias especies saian dos seus agochos e que se incremente o número de cisnes.
Máis aló da Saúde Física, a natureza tamén nos conforta, afectan a Nosa Saúde Emocional, Mental e Espiritual”. 
Todo isto deberanos axudar a reflexionar, valorar e tomar conciencia de que "a Saúde do Planeta é a Nosa Saúde porque é a Nosa CASA, Somos o Mesmo”
E agora que podemos saír, máis que nunca necesitamos COIDALA, RESPECTALA para poder GOZAR, SENTIR E ADMIRAR a súa BELEZA: pasear por un bosque, gozar do senderismo, a montaña ou o mar, tocar unha árbore, admirar un campo de flores, asombrarnos cos animais, camiñar pola praia ou simplemente ir a un parque da cidade…
A nosa ensino-aprendizaxe debe ser:
 A NOSTALXIA POLO MEDIO NATURAL NA PANDEMIA DEBERÍA TRANSFORMARSE EN RESPECTO E PROTECCÓN NO FUTURO. 
           "Oxalá que todo isto sirva para que haxa un cambio”
Así que, como Última Actividade do Curso  propóñovos:  
🌍👀Convertervos en “GRANDES FOTÓGRAFOS ” para sacar 1 ou varias fotografías a elementos da natureza que vos guste e que queirades que vos aparecese detrás desa porta, para poder disfrutala cada día de esas desexadas vacacións.
UN SAÚDO GRANDE E DISFRUTADE MOITO DA NATUREZA. 
Xa sabedes, se queredes podedes enviarma ó correo:
elibalado12@gmail.com 

Ningún comentario:

Publicar un comentario