Ánimo!!! Xa queda moi pouquiño para rematar o curso!!!
Esta semana propóñovos que fagades unha reflexión sobre o curso, as cousas negativas e positivas, o que repetiriades e o que non, se fariades algún cambio se puidésedes volver atrás, as cousas que non cambiariades, os momentos bos e os non tan bos, o que ides a botar de menos, o que vos gustaría facer e non puidestes...Podedes plasmar as reflexións con palabras, debuxos... ou simplemente con pensamentos...podedes compartilas se queredes ou gardalas para vos.
Moitos bicos e apertas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario