xoves, 28 de maio de 2020

O meu diario:5º EP


 


Bo día equipo!

Un diario é algo que estaría fenomenal que todos e todas tivésemos para poder expresar unha morea de sentementos e ideas: escribir aventuras que nos pasan no día a día, debuxar deixando voar a imaxinación, escribir poesias, probar diferentes técnicas de pintura... ou simplemente contarnos unha historia a nós mesmos/as.

Aquí vos paso un pequeno fragmento que nos mostra algúns trucos para facer un diario e algunhas cuestións referentes ao texto.
Agardo que disfrutédes da lectura e vos animedes a iniciar a fermosa aventura de ter o voso "rincón" emocional en forma de diario.
Sería moi bonito que o comezárades (se non o fixestedes xá) e a volta ás clases,en setembro , as persoas que lles apeteza que nos mostrasen o que a eles/as queiran...eu mostrareivos algunhas partes dos meus encantado!!


 Escribir un diario

Hoxe en día é difícil distinguir entre blog e diario, xa que moita xente considera que un blog é,en certa maneira, un diario en Internet.
 Pero o termo diario segue referindo á súa acepción tradicional. O diario é ese caderno no que o seu autor, todos os días, escribe con bolígrafo durante cinco minutos o que el considera relevante no que lle ocorreu durante o día. É, en resumo, un libro por e para un mesmo. Para alguén que queira empezar a escribir un diario, aquí van unhas pautas que poden ser de axuda:
1.A propia vida parécelle extraordinaria, é a mellor historia que pode narrar xamais.
2. Un diario é unha historia intimista. Nun diario, a obxectividade e a sinceridade son calidades opostas. Seica o novelista ruso Leon Tolstoi escribía tres diarios: un para que o lese a súa muller; outro, que pensaba mandalo publicar despois da súa morte; e outro que levaba sempre con el, escondido na súa bota dereita, no que poñía os seus pensamentos máis íntimos.
3. O diario debe reflectir a vida do escritor, ou o que lle pareza máis importante dela. Se non tivo un día fóra do normal, pero ten ganas de escribir, quizais o apropiado é reflectir o seu estado deánimo.
4. A xente nova e os futuros escritores servíronse dun diario para apuntar as súas inquietudes literarias. Por exemplo, o famoso escritor Ernest Hemingway escribía algunhas das cousas quelle ocorrían, que podían ser o argumento dunha novela.
Fonte: http://www.papelenblanco.com/2008/01/15­escribir­un­diario

Responde as preguntas:
1.    Que é un diario na súa acepción tradicional?
2.    Para quen se escribe un diario?
3.    Segundo a lectura, é o mesmo un blog que un diario? Razoa a túa resposta.
4.    Por que cres que Leon Tolstoi escribía tres diarios?
5.    Para que utilizaba Ernest Hemingway o seu diario?
6.    Conta, a modo de diario, algo que che ocorrese onte. 

A data de entrega é o venres 5 de xuño.
Calquera dúbida ,preguntáde.
Apertas.


mércores, 27 de maio de 2020

REGULACIÓN EMOCIONAL COA PROFE ELI

Bos días rapazas e rapaces de 5º e 6º, como estades?
Hoxe déixovos unha actividade para axudarvos a REGULAR as EMOCIÓNS cando vos sintades nerviosos, enfadados…
Un pouco difícil verdade? Pero imos tentar 
  • Unha pista: está relacionado co que fai este EMO que vos poño a continuación:
Siiii, está a respirar!!!
  - ¿Quieres que te enseñe a respirar? 
¿R E S P I R A R? ¡Si yo ya sé respirar!!! 
Así comeza o conto que vos deixo a continuación “RESPIRA” 
Preguntarédesvos por que é importante respirar ben? 
Pois ben, a respiración relaciónase directamente coas nosas emociónscando estamos nerviosos, a respiración é rápida e sonora; cando estamos tranquilos, é pausada e harmónica. Por tanto, se en momentos críticos sabemos controlar a respiración, poderemos actuar con serenidade. Respirar profundamente axudaranos a tranquilizarnos, a concentrarnos cando temos mil ideas na cabeza ou a durmir cando as preocupacións asáltannos. 
Por iso a autora deste conto ensínanos uns exercicios a través dos cales imos conseguir a interiorización e unha respiración consciente. Clica nas imaxes para poder ver o conto, e as recomendacións de Anxo Fariña 
Penso que o ideal é dotar aos nenos de diferentes recursos para que, no momento que o precisen, poidan aplicalos facilmente.
Se vos decidides a practicar algún exercicio do conto gustaríame que vos quitasen unhas fotos e as enviedes ó meu correo: 
elibalado12@gmail.com  
ESPERO QUE VOS  POIDA AXUDAR UN POUQUIÑO!!
PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE RELI 
Deixos estas dúas actividades para practicar contidos.
Clica en   Lanitas e no Xogo de Boom para acceder as actividades.
Para facer a actividade de Lanitas segue as instruccións que deixo no seguinte debuxo. Espero que vos gusten!!