martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES LENGUA CASTELLANA 5º-
SEMANA DEL 23 al 27 (4 sesiones)
·         Imagínate… que encuentras a tu ídolo una vez que termine el confinamiento en casa y tienes la oportunidad de realizar una entrevista (temporalización 1 sesión).
ACTIVIDAD: realiza esa entrevista (tiene que tener entre 5-8 preguntas y sus respectivas respuestas). No te olvides de poner el nombre de tu ídolo.
Como opción, puedes realizar un escrito, trabajando la expresión escrita o grabar un vídeo (expresión oral).
·         Cine Forum en familia (temporalización 2 sesiones)
ACTIVIDAD: consiste en compartir una película con las personas que convives en tu casa. Después harás un resumen y un debate con tu familia (se trata de contrastar las diferentes posturas personales, se descubren nuevos puntos de vista…).
·         Repasa los prefijos dados en clase, aquí va la lista (guárdala, te hará falta).
ACTIVIDAD: inventa palabras con esos prefijos y también inventa su definición. Ejemplo:
Deslápiz (que en lugar de escribir, borra).
Biespejo (que duplica la imagen).
ÁNIMO, TU PUEDES.
  • Bi. Indica que algo “dos veces” o “dos”. Por ejemplo: bidireccional, bisexual.
  • An, a. Se señala la negación o privación de algo. Por ejemplo: analfabeto, amorfo.
  • Anti. Señala contrariedad u oposición. Por ejemplo: anticlerical.
  • De, di, des, dis. Indican alejamiento, inversión de un significado, exceso, negación, decrecer o privación. Por ejemplo: discontinuo, decrecimiento, descreer.
  • Hemi. Señala “la mitad de algo”. Por ejemplo: hemiciclo.
  • Tele. Denota distancia o lejanía. Por ejemplo: teledirigido.
  • Intro, Intra. Indica que es “hacia adentro” o en el interior de algo. Por ejemplo: intramuros, intromisión.
  • Sin. Indica falta o privación de algo, también similitud o unión. Por ejemplo: sinsabor.
  • Co. Señala participación o unión. Por ejemplo: coautor, cooperar.
  • Ultra. Se señala que algo está “más allá”. Por ejemplo: ultramar, ultrasonido, ultratumba.
  • Re. Señala que algo se ha repetido. Por ejemplo: revolver, renombrar, reponer, recargar, reelegir.
  • Super. Indica que algo “está por encima”, es superior o está en exceso. Por ejemplo: superhombre, supermercado, superdotado.



luns, 23 de marzo de 2020

ALUMNAS E ALUMNOS DE 6º CURSO!!! SEMANA 2!!!

Ola a todas e todos!
Aquí vos deixo unha proposta de actividades para esta semana.

MATEMÁTICAS: contidos a traballar os Números decimais, precisaremos un metro ou cinta métrica para realizar estas actividades.

1º exercicio: buscamos pola nosa casa 3 libros ou libretas de distinto tamaño, mediremos o seu ancho e o seu largo, anotamos as medidas, e a continuación con esas cantidades repasaremos as operacións con números decimais (sumamos, restamos, multiplicamos e dividimos o ancho e o largo de cada obxecto), por exemplo:
Medidas do libro: ancho: 23,5 cm
                              largo: 28,9 cm
operación a realizar:  23,5+ 28,9
                                  28,9 - 23,5
                                  28,9 x 23,5
                                  28,9 : 23,5
2º exercicio: consiste en medir a altura das personas que viven con nós, faremos unha táboa na que anotaremos o nome da persoa e a súa altura. A continuación, pasaremos esas medidas a decímetros, centímetros e milímetros e engadirémolas a nosa táboa. Por último, ordenaremos as persoas de menor a maior altura.
3º exercicio: para realizar este exercicio debemos escoller 6 obxectos da nosa casa (preferiblemente obxecto sen liñas curvas e sinxelos, por exemplo unha mesa, un televisor...) tomamos as súas medidas e anotámolas.
A continuación, pasamos esas cantidades a décimas, centésimas e milésimas.
E por último, ordenamos esas medidas de maior a menor, recorda que para ordenalas deben estar na mesma unidade.
4º exercicio: escollemos un obxecto que mida máis dun metro e sen liñas curvas, pode ser algún dos anteriores. Primeiro tomamos as súas medidas, despois pasámolas a centímetros.
Unha vez feito isto, faremos unha representación a escala (debuxo) deste obxecto. A escala a utilizar será escollida por vos:
Exemplo:
mesa: 50 cm x 60 cm  medidas reais
          escollo escala 1:5, isto significa que 1 cm no plano (papel) corresponden con 5 cm na realidade.
Polo tanto, as medidas da mesa no meu debuxo serían: 10cm x 12 cm.
Para finalizar, podedes decorar, a representación do obxecto ao voso gusto.
5º exercicio: curioseade un pouco, buscade información sobre a medida de cousas que vos poidan interesar, por exemplo canto mide un campo de fútbol, o voso estadio favorito, a ponte de rande, o edificio máis alto do mundo, árbore máis alta...o que se vos ocurra!

PLÁSTICA: anímovos dende a área de plástica a que deixedes voar a vosa imaxinación, podedes crear algunha manualidade, debuxo, frase motivadora...para os vosos compañeiros, podedes utilizar os materiais e técnicas que consideredes e despois podedes facermos chegar ao meu enderezo electrónico para colgalos no blog de aula.

Recordade adicar tempo a LECTURA, desfrutade das vosas familias CONVERSAR, DEBATIR, REFLEXIONAR, PENSAR, XOGAR...

E para calquera cousiña, o que precisedes recordade que aquí estou!!! mirámonos pronto!!!! bótovos de menos!!! BICOS E APERTAS.
Por certo, recordade o prazo de entrega para o RELATO CURTO!!!!

MATEMÁTICAS 5º DE PRIMARIA. Os números decimais




Para os máis adiantados, se xa rematastes de repasar e xa vos sabedes todo de marabilla, podedes comezar a traballar con números decimais que era o seguinte tema que nos tocaba. Se hai contidos anteriores que non dominades como as táboas de multiplicar, problemas, fraccións, etc.. prefiro que sigades repasando ata que os dominedes.
Na entrada anterior para matemáticas 5º neste mesmo blog tedes moitísimos recursos para seguir traballando eses contidos online.


Os que decidades comezar cos decimais nesta primeira entrada déixovos varios vídeos explicativos sobre os mesmos e varias ligazóns a actividades para traballar online. Seguindo as instrucións dadas pola Consellería de educación da Xunta de Galicia, tódalas actividades que se propoñan mentres dura esta situación non son avaliables, así que non é necesario que as enviedes, tódolos contidos novos que demos deste xeito termos que volver a dalos cando voltemos as clases. Estas actividades teñen o obxectivo de que vos vaiades familiarizando cos contidos e dalgunha forma adiantar traballo. Para facilitar a aprendizaxe tódalas actividades que envío o ser online teñen ferramentas de auto corrección, polo que saberedes se o estades facendo ben ou non.

Vídeo titoriais

Que son os números decimais?




Convertir unha fracción nun número decimal.


Suma e resta de números decimais.



Actividades online para practicar








Recibide unha aperta do voso profe de mate e lembrade:
#NosQuedamosNaCasa


luns, 16 de marzo de 2020

Ola nenas e nenos de sexto!
Durante un tempo este vai a ser o noso medio de comunicación, así que irei propoñendo algunhas tarefas por esta canle. 
Ademais das tarefas propostas a nivel centro para lingua castelá (somos reporteros!) e para lingua galega (creación dun relato curto), propoño as seguintes actividades para as áreas de ciencias:

CIENCIAS NATURAIS: tiñamos pendente a realización dun traballo escrito sobre os aparatos e sistemas do ser humano (dixestivo, respiratorio, urinario, circulatorio, reprodutor masculino e feminino, sistema nervioso, aparato locomotor e órganos dos sentidos) no que debiades explicar como funcionan, ademais de aproveitar este tempo para rematar o traballo, propoño que elixades algún aparato e intentedes crear unha maqueta utilizando materiais de refugallo, na medida do posible...

CIENCIAS SOCIAIS: tiñamos en marcha unha investigación sobre "a España actual e España na Unión Europea", na que tiñades que buscar información sobre:

- Forma de goberno na actualidade en España, en que consiste?
- Coñeces outras formas de goberno? Cales? En que consisten? Cita algúns países con distintas formas de goberno.
- Cal é o proceso para elixir aos representantes do noso goberno? Explica.
- Que é a constitución española? Que establece? cales son as principais institucións do estado segundo a constitución?
- Que é a Unión Europea? Cales son os seus obxectivos? Que países forman parte dela? Cales son as institucións que organizan o seu funcionamento? En que ano se uniu España a Unión Europea? Que significou para España a integración na Unión Europea?

Ademais de redactar esta información nun documento escrito propoño que creedes unha liña do tempo na que reflexedes a situación política de España dende 1975 ata actualidade, podedes poñer lapelas nas que expliquedes determinados feitos, debuxos representativos... 
A continuación, deixovos unhas fotos do libro de naturais e sociais por si non tedes acceso a internet para investigar. 
Recordade que para calquera dúbida podedes poñermos en contacto comigo no meu enderezo electrónico.
Un saúdo!!!


























venres, 13 de marzo de 2020

Tarefa España na UE 5º


Ola a todos/as!!
Para investigar e aprender sobre un dos temas que tiñamos pendentes nestas semanas pásovos a tarefa do proxecto de Ciencias Sociais para5º EP
ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA


Crear un Lapbook no que presentes información que resolva as seguintes questións:
1.España un Estado democrático:
Que é e como funciona unha democracia?
Que é e para que serve a Constitución?
Que son os dereitos e deberes dos cidadáns?
Que é o poder lexislativo ,executivo e xudicial?
2.Organización territorial de España.
Que é e como se goberna unha comunidade Autónoma.
3.Que é a unión Europea?
Calé a orixe a unión Europea? Qué países a integran?
Cales son os seus obxectivos?
Cales son as súas principais institucións?

Debedes investigar en diferentes fontes (libro de texto, internet,atlas...)
Algún recursos dixitais que vos poden ser de axuda:
·         http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/PoliticaExteriorCooperacion/UnionEuropea/Paginas/EspUE.aspx.

A continuación tedes un vínculo no que podedes ver un tutorial de cómo facer o Lap book
O resultado deste proxecto será presentado de xeito oral na aula para os teus compañeiros e compañeiras.
Para calquera dúbida estou a vosa disposición no meu enderezo electrónico. 
Un saúdo.

Actividades divertidas para desfrutar coas matemáticas. 5º de primaria



Actualización do martes 17 de marzo.de 2020

Bo día de novo, imaxino que ainda non tivestes tempo de facer nen a metade do que vos deixei, pero ainda así deixovos algún recurso online máis para ir repasando o que demos ata agora.

Xogar coas tablas de multiplicar
https://aprendiendomatematicas.com/jugar-con-las-tablas-de-multiplicar/

Xogo para repasar as tablas de multiplicar
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1180249174514&idContent=43531&locale=es_ES&textOnly=false

Xogo de multiplos e divisores
https://matematicasprimariasecundaria.com/2020/01/12/juego-de-multiplos-y-divisores/



Venres 13 de marzo de 2020.

Bo día rapazada!!! Para que estes días non vos aburrades e aproveitedes o voso prezado tempo repasando e aprendendo algo tan importante e imprescindible para a vida como son as matemáticas, déixovos varias cousas a continuación:

a)       Para os que tedes acceso a un ordenador con internet ou un telefono con internet no que poidades traballar déixovos unhas ligazóns a xogos e exercicios online. Estas ligazóns ireinas actualizando, irei engadindo novas actividades sempre nesta mesma entrada.






b)      Para os que non tedes acceso a internet, ou non podedes traballar online, déixovos exercicios do voso libro de texto, das páxinas finais do mesmo, de repaso do que demos ata o de agora. Para os que non tedes o libro déixovos fotos das páxinas do mesmo que tedes que facer. Tamén vos deixo aquí ligazóns a materiais que podedes imprimir.
















Estade atentos a esta entrada, irei colgando máis cousas para seguir desfrutando aprendendo!!!

venres, 28 de febreiro de 2020

A Biblioteca do cole!


Alá polo mes de xaneiro realizamos un obradoiro coa profe Silvia, estivemos no novo recuncho da biblioteca e ensinounos a xogar coa mesa de luz.
Moito aprendemos!!!



Animámosvos a ver máis fotos e novas no blog da biblioteca!
Podedes acceder dende no seguinte enlace http://abelendo.blogspot.com/