venres, 13 de marzo de 2020

Actividades divertidas para desfrutar coas matemáticas. 5º de primaria



Actualización do martes 17 de marzo.de 2020

Bo día de novo, imaxino que ainda non tivestes tempo de facer nen a metade do que vos deixei, pero ainda así deixovos algún recurso online máis para ir repasando o que demos ata agora.

Xogar coas tablas de multiplicar
https://aprendiendomatematicas.com/jugar-con-las-tablas-de-multiplicar/

Xogo para repasar as tablas de multiplicar
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1180249174514&idContent=43531&locale=es_ES&textOnly=false

Xogo de multiplos e divisores
https://matematicasprimariasecundaria.com/2020/01/12/juego-de-multiplos-y-divisores/



Venres 13 de marzo de 2020.

Bo día rapazada!!! Para que estes días non vos aburrades e aproveitedes o voso prezado tempo repasando e aprendendo algo tan importante e imprescindible para a vida como son as matemáticas, déixovos varias cousas a continuación:

a)       Para os que tedes acceso a un ordenador con internet ou un telefono con internet no que poidades traballar déixovos unhas ligazóns a xogos e exercicios online. Estas ligazóns ireinas actualizando, irei engadindo novas actividades sempre nesta mesma entrada.






b)      Para os que non tedes acceso a internet, ou non podedes traballar online, déixovos exercicios do voso libro de texto, das páxinas finais do mesmo, de repaso do que demos ata o de agora. Para os que non tedes o libro déixovos fotos das páxinas do mesmo que tedes que facer. Tamén vos deixo aquí ligazóns a materiais que podedes imprimir.
















Estade atentos a esta entrada, irei colgando máis cousas para seguir desfrutando aprendendo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario