Ola a todas e todos!
Aquí vos deixo unha proposta de actividades para esta semana.
MATEMÁTICAS: contidos a traballar os Números decimais, precisaremos un metro ou cinta métrica para realizar estas actividades.
1º exercicio: buscamos pola nosa casa 3 libros ou libretas de distinto tamaño, mediremos o seu ancho e o seu largo, anotamos as medidas, e a continuación con esas cantidades repasaremos as operacións con números decimais (sumamos, restamos, multiplicamos e dividimos o ancho e o largo de cada obxecto), por exemplo:
Medidas do libro: ancho: 23,5 cm
largo: 28,9 cm
operación a realizar: 23,5+ 28,9
28,9 - 23,5
28,9 x 23,5
28,9 : 23,5
2º exercicio: consiste en medir a altura das personas que viven con nós, faremos unha táboa na que anotaremos o nome da persoa e a súa altura. A continuación, pasaremos esas medidas a decímetros, centímetros e milímetros e engadirémolas a nosa táboa. Por último, ordenaremos as persoas de menor a maior altura.
3º exercicio: para realizar este exercicio debemos escoller 6 obxectos da nosa casa (preferiblemente obxecto sen liñas curvas e sinxelos, por exemplo unha mesa, un televisor...) tomamos as súas medidas e anotámolas.
A continuación, pasamos esas cantidades a décimas, centésimas e milésimas.
E por último, ordenamos esas medidas de maior a menor, recorda que para ordenalas deben estar na mesma unidade.
4º exercicio: escollemos un obxecto que mida máis dun metro e sen liñas curvas, pode ser algún dos anteriores. Primeiro tomamos as súas medidas, despois pasámolas a centímetros.
Unha vez feito isto, faremos unha representación a escala (debuxo) deste obxecto. A escala a utilizar será escollida por vos:
Exemplo:
mesa: 50 cm x 60 cm medidas reais
escollo escala 1:5, isto significa que 1 cm no plano (papel) corresponden con 5 cm na realidade.
Polo tanto, as medidas da mesa no meu debuxo serían: 10cm x 12 cm.
Para finalizar, podedes decorar, a representación do obxecto ao voso gusto.
5º exercicio: curioseade un pouco, buscade información sobre a medida de cousas que vos poidan interesar, por exemplo canto mide un campo de fútbol, o voso estadio favorito, a ponte de rande, o edificio máis alto do mundo, árbore máis alta...o que se vos ocurra!
PLÁSTICA: anímovos dende a área de plástica a que deixedes voar a vosa imaxinación, podedes crear algunha manualidade, debuxo, frase motivadora...para os vosos compañeiros, podedes utilizar os materiais e técnicas que consideredes e despois podedes facermos chegar ao meu enderezo electrónico para colgalos no blog de aula.
Recordade adicar tempo a LECTURA, desfrutade das vosas familias CONVERSAR, DEBATIR, REFLEXIONAR, PENSAR, XOGAR...
E para calquera cousiña, o que precisedes recordade que aquí estou!!! mirámonos pronto!!!! bótovos de menos!!! BICOS E APERTAS.
Por certo, recordade o prazo de entrega para o RELATO CURTO!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario