Tarefas divertidas para Lingua Galega e Naturais 5º primaria.
Boas a todos e a todas!
Xa estamos na terceira semana e máis cedo que tarde estaremos de novo xunto/as no cole!...
Así que moito ánimo!!
Aquí vos deixo un par de tarefas para que fagades e as enviedes ao meu correo,a poder ser, antes do 10 de abril.Lingua Galega:
Crear unha banda deseñada de polo menos 12 viñetas.A temática é totalmente libre así que deixade voar a imaxinación.
Esmerádevos en debuxar o mellor posible.
Pensade ben o guión.(como vai a ser a historia(Presentación ,nó, desenlace)
Utilizade vocabulario o máis rico e diverso posible.
Para traballar a parte de vocabulario e gramática...
Dentro dos "bocadillos"cos comentarios das persoaxes debedes incluir e subliñar:
- En NEGRO PALABRAS QUE TEÑAN SUFIXOS ou PREFIXOS(que como xa falamos en clase, e tamén traballastedes con Iria, son morfemas que se engaden ao comezo ou fin da palabra para formar palabras novas.Exemplo e axuda...
- En VERDE OS POSESIVOS (aquí unha axuda de repaso...)
- En LARANXA OS ADXECTIVOS
- EN AMARELO OS SUSTANTIVOS
- En MORADO os verbos
- EN VERMELLO OS DETERMINANTES ( unha axuda...)( cantos máis e máis diversos incluades mellor)
Moito ánimo e a ver que peripecias nos contades... :o) cando rematedes ,comprométome a mandarvoslos uns/unhas aos outros/as para que vexades a vosa capacidade creativa!
Ciencias Naturais
Os ecosistemas:
Imos a realizar unha exposición sobre ecosistemas acuáticos e terrestres,para iso imos a seguir os seguintes pasos:
- Preciso que CADA UN/UNHA escolla o ecosistema que máis lle guste:RÍO,MAR,LAGO,DESERTO,SABANA,BOSQUE MEDITERRÁNEO...
- QUE BUSQUEDES INFORMACIÓN SOBRE O ECOSISTEMA ELEXIDO.
- COA INFORMACIÓN OBTIDA ,DEBEDES DE FACER UN RESUMO COAS CARACTERÍSTICAS MÁIS IMPORTANTES DESE ECOSISTEMA:Plantas e animais que viven nel e interrelacións.
- Despois debedes de facer un mural (co material que teñades na casa, por exemplo,senon teño cartulina pois arránxome cun cartón grande..buscade solucións e tendade reciclar ou reutilizar materiais)Nese mural debedes recoller información máis importante que vos sirva para explicar a liñas principais que caracterizan a ese ecosistema,podedes axudarvos de fotografías e se son debuxos, ainda mellor!!
- Cada alumno/a debe PREPARAR E ENSAIAR UNHA PRESENTACIÓN DE ALO MENOS 3 MINUTOS, GRABARSE E ENVIARMA POR CORREO.
- Cando as enviedes todas ,eu farei un video cunha montaxe das cosas presentacións dos ecosistemas elexidos...e todas/os aprenderemos de todas/os!
É IMPORTANTE QUE ANTES DE COMEZAR ME DIGADES CAL É O ECOSISTEMA QUE ESCOLLEDES PARA QUE NON HAXA TRABALLOS REPETIDOS.
Asiq antes de comezar enviádeme un correo.
Algún consello para que o fagades o mellor posible:traballade ben o discurso ,pronunciade despacio e tentade non movervos moito cando presentedes,así gañades mellor a atención do voso público.
E sobre todo ...tentade disfrutalo!! Lembrade que o proceso sempre é o máis importante...se durante o proceso disfrutades e vos esforzades é moi posible que o resultado sexa satisfactorio e esteades orguiosos/as do voso traballo(e eu tamén)!!
Moitos ánimos "again"(outra vez) ,quérovos moito e calquera dúbida,xa sabedes...no correo cando queirades!(lembrade mandarme o voso correo os/as que aínda non o fixestedes)
Ningún comentario:
Publicar un comentario