luns, 16 de marzo de 2020

Ola nenas e nenos de sexto!
Durante un tempo este vai a ser o noso medio de comunicación, así que irei propoñendo algunhas tarefas por esta canle. 
Ademais das tarefas propostas a nivel centro para lingua castelá (somos reporteros!) e para lingua galega (creación dun relato curto), propoño as seguintes actividades para as áreas de ciencias:

CIENCIAS NATURAIS: tiñamos pendente a realización dun traballo escrito sobre os aparatos e sistemas do ser humano (dixestivo, respiratorio, urinario, circulatorio, reprodutor masculino e feminino, sistema nervioso, aparato locomotor e órganos dos sentidos) no que debiades explicar como funcionan, ademais de aproveitar este tempo para rematar o traballo, propoño que elixades algún aparato e intentedes crear unha maqueta utilizando materiais de refugallo, na medida do posible...

CIENCIAS SOCIAIS: tiñamos en marcha unha investigación sobre "a España actual e España na Unión Europea", na que tiñades que buscar información sobre:

- Forma de goberno na actualidade en España, en que consiste?
- Coñeces outras formas de goberno? Cales? En que consisten? Cita algúns países con distintas formas de goberno.
- Cal é o proceso para elixir aos representantes do noso goberno? Explica.
- Que é a constitución española? Que establece? cales son as principais institucións do estado segundo a constitución?
- Que é a Unión Europea? Cales son os seus obxectivos? Que países forman parte dela? Cales son as institucións que organizan o seu funcionamento? En que ano se uniu España a Unión Europea? Que significou para España a integración na Unión Europea?

Ademais de redactar esta información nun documento escrito propoño que creedes unha liña do tempo na que reflexedes a situación política de España dende 1975 ata actualidade, podedes poñer lapelas nas que expliquedes determinados feitos, debuxos representativos... 
A continuación, deixovos unhas fotos do libro de naturais e sociais por si non tedes acceso a internet para investigar. 
Recordade que para calquera dúbida podedes poñermos en contacto comigo no meu enderezo electrónico.
Un saúdo!!!


























2 comentarios:

  1. Hola soy Lucas y te quería preguntar para cuando es todo ??? Te hecho de me nos chao Abi

    ResponderEliminar
  2. Ola Lucas!!! ir facendo o que poidades, pouquiño a pouco (non hai data de entrega), cando vaiades rematando as tarefas mandalas ao meu correo electrónico. Eu tamén teño moitas ganas de estar con vos. Bicos e apertas!!!!

    ResponderEliminar