SEMANA 3: SEXTO
Olaaaa!!!!!
Deixovos unha proposta de actividades para esta semana.
1º ACTIVIDADE: Esta relacionada co Proxecto do colexio "Moaña Antiga", no que xa empezaramos a investigar e crearades a árbore xenealóxica das vosas familias. O seguinte paso consiste buscar información sobre os alcumes da vosa familia, investigade o porqué deses alcumes, e contádenos a historia, intentar descubrir quen foi o primeiro da vosa familia que recibiu ese alcume e hai cantos anos, o alcume aínda se mantén entre algúns membros da vosa famila?, credes que vós recibiredes algún día ese alcume?, alguén do voso entorno vos coñece por ese alcume xa?...
Para recoller a información e transmitila podedes utilizar os medios que prefirades, audio, video, foto, por escrito...queda nas vosas mans!
Seguro que descubrides moitas cousas interesantes da vosa familia!
2º ACTIVIDADE: Consiste en seleccionar un poema que vos guste en lingua galega e investigar un pouco sobre o autor, a súa biografía, época e temas das súas poesías (en Moaña temos algúns poetas e pode ser un bo momento para coñecer a súa obra).
A continuación, faredes un resumo da poesía, explicando de que fala e cal é o seu tema principal, o seguinte paso consiste en medir os versos (recordade as sinalefas, cando se sumaba e cando se restaba) e por último indicar se os seus versos son de arte maior ou menor.
Se a poesía escollida é moi longa non medir tódolos versos, medir entre 12 e 16 versos.
Moitísimos bicos e apertas para todas e todos!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario