Para os máis adiantados, se xa
rematastes de repasar e xa vos sabedes todo de marabilla, podedes comezar a
traballar con números decimais que era o seguinte tema que nos tocaba. Se hai
contidos anteriores que non dominades como as táboas de multiplicar, problemas,
fraccións, etc.. prefiro que sigades repasando ata que os dominedes.
Na entrada anterior para
matemáticas 5º neste mesmo blog tedes moitísimos recursos para seguir traballando
eses contidos online.
Os que decidades comezar cos
decimais nesta primeira entrada déixovos varios vídeos explicativos sobre os
mesmos e varias ligazóns a actividades para traballar online. Seguindo as instrucións
dadas pola Consellería de educación da Xunta de Galicia, tódalas actividades
que se propoñan mentres dura esta situación non son avaliables, así que non é
necesario que as enviedes, tódolos contidos novos que demos deste xeito termos
que volver a dalos cando voltemos as clases. Estas actividades teñen o
obxectivo de que vos vaiades familiarizando cos contidos e dalgunha forma
adiantar traballo. Para facilitar a aprendizaxe tódalas actividades que envío o
ser online teñen ferramentas de auto corrección, polo que saberedes se o
estades facendo ben ou non.
Vídeo titoriais
Que son os números decimais?
Convertir unha fracción nun número decimal.
Suma e resta de números decimais.
Actividades online para practicar
Recibide unha aperta do voso
profe de mate e lembrade:
#NosQuedamosNaCasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario