Bonjour à tous!
Para os/as botades en falla as clases de francés, e co ánimo de que vos sirva para repasar dun xeito divertido o que traballamos os dous primeiros trimestres no cole,pásovos unha selección de cancións desas que tanto vos gustaban.
Repaso dos números:
Respaso saúdos:
Respaso Verbos ser e ter :
Repaso vocabulario:
Partes do corpo:
Prendas de vestir:
Dias da semana:
Meses do ano:
Animais:
Lecer:
Que tempo fai?
O meu cuarto:
Contos curtos:
Ademáis ,para o/a que se anime teño unhas bandas deseñadas dos intrépidos : Titín ,Asterix e Lucky Luke
Se queredes que volas envíe en formato pdf só tedes que enviarme un correo a: iago.hervella@edu.xunta.gal
Des bisous.
|
mércores, 13 de maio de 2020
Coucou Actividades Français reforzo 6º
martes, 12 de maio de 2020
Actividad Lengua castellana 5º
Hola a todos/as!
Vamos allá con la actividad de esta semana :o)
Elaborar un cartel solidario (semana 11-15 de mayo)
Parte 1: Investiga sobre una
ONG de España (haz un breve resumen de la labor que realizan).
Parte 2: Cartel solidario.
1.
Elige una acción solidaria en la que te
gustaría participar.
2.
Escribe una frase que resuma la finalidad de la
campaña solidaria.
3.
Haz un boceto para saber cómo distribuyes la
información.
4.
Realiza el cartel.
Comparte el resultado con tus
compañeros.
Fecha de entrega: 18 de mayo
Feliz día niños y niñas de 5º
¡Ánimo, que ya queda muy
poquito para finalizar el curso!
Con cariño, Iria.
luns, 11 de maio de 2020
Matematicas 5º. Unidades de lonxitude, masa e capacidade.
Bo día rapazada!
Comezamos a repasar un novo tema: As medidas de lonxitude, masa e capacidade.
Esta semana comezaremos repasando e traballando as unidades de lonxitude. Atoparedes uns videos explicativos e despois destes unhas ligazóns onde podedes practicar con xogos online.
Deíxovos con estes vídeos explicativos:
Medidas de lonxitude:
Conversión de unidades de lonxitude:
Exercicios para practicar: (Lembrade que casi todos os xogos están en flash, e as veces necesitades activalo)
Neste tedes que pulsar nas unidades que queredes converter e o xogo explicavos e axudavos a facelo
Neste tedes que escoller a opción correcta:
Arrastra o sitio correspondente:
Escolle a resposta correcta:
Espero que vos divirtades coas actividades e que vos sexan de utilidade, apertas!
EXCURSIÓN VIRTUAL SEXTO
Ola alumnos e alumnas de sexto!
Nestos momentos deberiamos estar comenzando a vosa excursión de fin de curso, pero ante a imposibilidade de realizada intentaremos viaxar virtualmente.
Aproveitaremos a actividade desta semana para coñecer o noso destino dende a distancia.
Propóñovos para esta semana que vos transformedes en axentes de viaxe, e creedes un folleto, unha guía turística, un anuncio para televisión ou para radio, un video... para publicitar o noso destino, Cantabria. A elección do formato queda da vosa man.
Para facer un bo traballo publicitario debemos primeiro coñecer ben o lugar que imos publicitar, así que; investigade, buscade información, ver vídeos, fotografías, visitade virtualmente lugares de interese... recollede información sobre a súa localización xeográfica, historia, o seu clima, a súa cultura, gastronomía, os seus espacios naturais, as actividades de lecer que se poden realizar, lugares que poderiades visitar...
Unha vez teñades a información, revisar folletos, guías turísticas, videos publicitarios de outros lugares e decidir o que ides facer.
Cando xa o teñades decido, empezar a crear o voso, recordade que ten que chamar a atención, información clara e sinxela, imaxes, música, cores...todos os elementos xogan un importante papel na publicidade.
Ánimo!!!
Moitos bicos e apertas
xoves, 7 de maio de 2020
AS EMOCIÓNS COA PROFE ELI
Ola, bos días rapazas e rapaces de 5ºe 6ºde Primaria!
Que tal o estades pasando agora que xa podedes saír un pouquiño?
Nestes días, na miña cabeza xorden mogollón de sentimentos e emocións.
As veces está feita un lío. Isto inclúe desde as pequenas picadas de TRISTEZA, o terrible e escuro MEDO, as chispas que saltan cando me xurde o ENFADO, e ata as cóxegas de ALEGRÍA que é, a miña META DIARIA!
E a vós ocórrevos ó mesmo?
Así que vos deixo unha imaxes de “EMOS”, e se clicades neles teredes pequenas sorpresas que espero que vos fagan pensar, reflexionar e entretervos un pouquiño.

Se queredes podedes mandarme algunha foto en distintas situacións para ver as vosas caras: alegres, tristes, enfadadas ou aburridas…xa sabedes o meu correo é:
luns, 4 de maio de 2020
Matemáticas 5º. Repaso decimais parte 2
Bo día rapazada!
Como xa vos expliquei a semana pasada con este segundo pdf rematamos este tema de decimais, facédelo e mandádesme as fotos o correo igual que a semana pasada.
Aquí volo deixo:
Repaso decimais parte 2
Agardo que sigades todos ben, apertas.
CANTIGAS SEXTO
A actividade de esta semana vai a xirar entorno a música galega.
En Galiza, temos unha gran cultura musical, e través desta ACTIVIDADE intentaremos coñecela un pouquiño máis. Temos música en galego en moitos e diferentes estilos; tradicional, rap, folk, reggae, heavy, rock...
O que vos pido é que dediquedes tempo a escoitar cancións de diferentes estilos, ou que preguntedes a familiares ou amigos e vos recomenden cancións en galego, relaxádevos e deixádevos levar pola música, desfrutade dela.
EXERCICIO 1: consiste en seleccionar unha canción en galego, que nos guste, que nos transmita, que nos faga sentir... escribimos a canción.
EXERCICIO 2: buscamos información do grupo musical ao que pertence a cantiga, compoñentes, tipo de música, ano de creación, lugar de onde son, instrumentos, un pouquiño da súa carreira...
EXERCICIO 3: nun mapa mudo de Galiza (pode ser debuxado ou unha imaxe), situaremos o lugar de orixe de grupo (se ten varios compoñentes de lugares distintos, situamos todos). De seguido, situaremos as provincias de Galiza no mapa, así como, os océanos ou mares que bañan as nosas costas, o nome das nosas rías, as montañas máis destacadas, os puntos cardinais, as provincias, comunidades ou países que lindan con Galiza e a nosa localidade.
EXERCICIO 4: na canción seleccionada subliñaremos 5 verbos e analizaremosnos (tempo, modo, persoa, número, conxugación, separamos lexema e morfemas). Subliñaremos 2 adxectivos e 2 substantivos, utilizando un código de cores.
EXERCICIO 5: investigaremos para descubrir a distancia en metros entre a localidade do grupo e Moaña, para resolver a seguinte cuestión; se queremos recorrer esa distancia en 5 etapas, cantos metros debemos recorrer en cada etapa?
EXERCICIO 6: buscamos información da poboación de Galiza, e dos habitantes de cada unha das provincias, cos datos recollidos crearemos un diagrama de barras (no eixe horizontal situaremos as provincias e no eixo vertical o número de habitantes), colocaremos no diagrama tamén Moaña e a localidade do grupo co seu número de habitantes.
EXERCICIO 7: explica en 5 liñas como mínimo; porqué elixiche esta canción?, como te sintes cando a escoitas?, de que trata a canción?
EXERCICIO 8: deseña a portada do seguinte disco que publicará o teu grupo ou cantante escollido, recorda que debe ter trazos da identidade do grupo, do seu estilo e sobre todo debe ser atractivo, para chamar a atención dos compradores.
Espero, que desfrutedes moito con esta actividade, aproveitade para escoitar música de diferentes estilos e coñecer un pouquiño máis da nosa cultura, que ante esta situación está sufrindo un pouco.
Moito ánimo a todas e a todos!
Bicos e apertas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










