luns, 30 de marzo de 2020

  Tarefas divertidas para Lingua Galega e Naturais 5º primaria.

Boas  a todos e a todas!

Xa estamos na terceira semana e máis cedo que tarde estaremos de novo xunto/as no cole!...

Así que moito ánimo!!

Aquí vos deixo un par de tarefas para que fagades e as enviedes ao meu correo,a poder ser, antes do 10 de abril.

Lingua Galega:

Crear unha banda deseñada de polo menos 12 viñetas.
A temática é totalmente libre así que deixade voar a imaxinación.
Esmerádevos en debuxar o mellor posible.
Pensade ben o guión.(como vai a ser a historia(Presentación ,nó, desenlace)
Utilizade vocabulario o máis rico e diverso posible.
Para traballar a parte de vocabulario e gramática...
Dentro dos "bocadillos"cos comentarios das persoaxes debedes incluir e subliñar:

  •  En NEGRO PALABRAS QUE TEÑAN SUFIXOS ou PREFIXOS(que como xa falamos en clase, e tamén traballastedes con Iria, son morfemas que se engaden ao comezo ou fin da palabra para formar palabras novas.Exemplo e axuda...






 

  • En VERDE OS POSESIVOS (aquí unha axuda de repaso...)

Os posesivos en galego | Lengua castellana


  • En LARANXA OS ADXECTIVOS

Que é un adxectivo e como se recoñece? |


  • EN AMARELO OS SUSTANTIVOS
 El Blog del Profe Oscar: L. Galega
  • En MORADO os verbos  
 Verbos en galego | JUGANDO Y APRENDIENDO
  • EN VERMELLO OS DETERMINANTES ( unha axuda...)( cantos máis e máis diversos incluades mellor)

 CHANAMOS GALEGO: Os determinantes



 Moito ánimo e a ver que peripecias nos contades...  :o) cando rematedes ,comprométome a mandarvoslos uns/unhas aos outros/as para que vexades a vosa capacidade creativa!

Ciencias Naturais

 Os ecosistemas:

 Ecosistema: definición y tipos de ecosistemas | Pequeocio

 

Imos a realizar unha exposición sobre ecosistemas acuáticos e terrestres,para iso imos a seguir os seguintes pasos:
  1. Preciso que CADA UN/UNHA escolla o ecosistema que máis lle guste:RÍO,MAR,LAGO,DESERTO,SABANA,BOSQUE MEDITERRÁNEO...
  2. QUE BUSQUEDES INFORMACIÓN SOBRE O ECOSISTEMA ELEXIDO.
  3. COA INFORMACIÓN OBTIDA ,DEBEDES DE FACER UN RESUMO COAS CARACTERÍSTICAS MÁIS IMPORTANTES DESE ECOSISTEMA:Plantas e animais que viven nel e interrelacións.
  4. Despois debedes de facer un mural (co material que teñades na casa, por exemplo,senon teño cartulina pois arránxome cun cartón grande..buscade solucións e tendade reciclar ou reutilizar materiais)Nese mural debedes recoller información máis importante que vos sirva para explicar a liñas principais que caracterizan a ese ecosistema,podedes axudarvos de fotografías e se son debuxos, ainda mellor!!
  5. Cada alumno/a debe PREPARAR E ENSAIAR UNHA PRESENTACIÓN DE ALO MENOS 3 MINUTOS, GRABARSE E ENVIARMA POR CORREO.
  6. Cando as enviedes todas ,eu farei un video cunha montaxe das cosas presentacións dos ecosistemas elexidos...e todas/os aprenderemos de todas/os!

É IMPORTANTE QUE ANTES DE COMEZAR ME DIGADES CAL É O ECOSISTEMA QUE ESCOLLEDES PARA QUE NON HAXA TRABALLOS REPETIDOS.
Asiq antes de comezar enviádeme un correo.
Algún consello para que o fagades o mellor posible:traballade ben o discurso ,pronunciade despacio e tentade non movervos moito cando presentedes,así gañades mellor a atención do voso público.
 E sobre todo ...tentade disfrutalo!! Lembrade que o proceso sempre é o máis importante...se durante o proceso disfrutades e vos esforzades é moi posible que o resultado sexa satisfactorio e esteades orguiosos/as  do voso traballo(e eu tamén)!!
Moitos ánimos "again"(outra vez) ,quérovos moito e calquera dúbida,xa sabedes...no correo cando queirades!(lembrade mandarme o voso correo os/as que aínda non o fixestedes)





 SEMANA 3: SEXTO
Olaaaa!!!!!
Deixovos unha proposta de actividades para esta semana.

 1º ACTIVIDADE: Esta relacionada co Proxecto do colexio "Moaña Antiga", no que xa empezaramos a investigar e crearades a árbore xenealóxica das vosas familias. O seguinte paso consiste buscar información sobre os alcumes da vosa familia, investigade o porqué deses alcumes, e contádenos a historia, intentar descubrir quen foi o primeiro da vosa familia que recibiu ese alcume e hai cantos anos, o alcume aínda se mantén entre algúns membros da vosa famila?, credes que vós recibiredes algún día ese alcume?, alguén do voso entorno vos coñece por ese alcume xa?...

Para recoller a información e transmitila podedes utilizar os medios que prefirades, audio, video, foto, por escrito...queda nas vosas mans!
Seguro que descubrides moitas cousas interesantes da vosa familia!

2º ACTIVIDADE: Consiste en seleccionar un poema que vos guste en lingua galega e investigar un pouco sobre o autor, a súa biografía, época e temas das súas poesías (en Moaña temos algúns poetas e pode ser un bo momento para coñecer a súa obra).

A continuación, faredes un resumo da poesía, explicando de que fala e cal é o seu tema principal, o seguinte paso consiste en medir os versos (recordade as sinalefas, cando se sumaba e cando se restaba) e por último indicar se os seus versos son de arte maior ou menor.
Se a poesía escollida é moi longa non medir tódolos versos, medir entre 12 e 16 versos.

Moitísimos bicos e apertas para todas e todos!!!!!!


Matemáticas 5º de Primaria. Multiplicamos con decimais.


Seguimos conocendo os números decimais, esta semana imos aprender a multiplicar con números decimais. Deixovos actividades suficientes para esta semana e para estas peculiares vacacións de Semana Santa.

Vídeos explicativos:

Multiplicar con decimais.





Multiplicar pola unidade seguida de ceros:





Actividades en liña:

Multiplicación con decimais: 







Multiplicación pola unidade seguida de ceros:



Recibide unha forte aperta do voso mestre de mate.











martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES LENGUA CASTELLANA 5º-
SEMANA DEL 23 al 27 (4 sesiones)
·         Imagínate… que encuentras a tu ídolo una vez que termine el confinamiento en casa y tienes la oportunidad de realizar una entrevista (temporalización 1 sesión).
ACTIVIDAD: realiza esa entrevista (tiene que tener entre 5-8 preguntas y sus respectivas respuestas). No te olvides de poner el nombre de tu ídolo.
Como opción, puedes realizar un escrito, trabajando la expresión escrita o grabar un vídeo (expresión oral).
·         Cine Forum en familia (temporalización 2 sesiones)
ACTIVIDAD: consiste en compartir una película con las personas que convives en tu casa. Después harás un resumen y un debate con tu familia (se trata de contrastar las diferentes posturas personales, se descubren nuevos puntos de vista…).
·         Repasa los prefijos dados en clase, aquí va la lista (guárdala, te hará falta).
ACTIVIDAD: inventa palabras con esos prefijos y también inventa su definición. Ejemplo:
Deslápiz (que en lugar de escribir, borra).
Biespejo (que duplica la imagen).
ÁNIMO, TU PUEDES.
  • BiIndica que algo “dos veces” o “dos”. Por ejemplo: bidireccional, bisexual.
  • An, a. Se señala la negación o privación de algo. Por ejemplo: analfabeto, amorfo.
  • AntiSeñala contrariedad u oposición. Por ejemplo: anticlerical.
  • De, di, des, disIndican alejamiento, inversión de un significado, exceso, negación, decrecer o privación. Por ejemplo: discontinuo, decrecimiento, descreer.
  • HemiSeñala “la mitad de algo”. Por ejemplo: hemiciclo.
  • TeleDenota distancia o lejanía. Por ejemplo: teledirigido.
  • Intro, IntraIndica que es “hacia adentro” o en el interior de algo. Por ejemplo: intramuros, intromisión.
  • SinIndica falta o privación de algo, también similitud o unión. Por ejemplo: sinsabor.
  • CoSeñala participación o unión. Por ejemplo: coautor, cooperar.
  • UltraSe señala que algo está “más allá”. Por ejemplo: ultramar, ultrasonido, ultratumba.
  • ReSeñala que algo se ha repetido. Por ejemplo: revolver, renombrar, reponer, recargar, reelegir.
  • Super. Indica que algo “está por encima”, es superior o está en exceso. Por ejemplo: superhombre, supermercado, superdotado.



luns, 23 de marzo de 2020

ALUMNAS E ALUMNOS DE 6º CURSO!!! SEMANA 2!!!

Ola a todas e todos!
Aquí vos deixo unha proposta de actividades para esta semana.

MATEMÁTICAS: contidos a traballar os Números decimais, precisaremos un metro ou cinta métrica para realizar estas actividades.

1º exercicio: buscamos pola nosa casa 3 libros ou libretas de distinto tamaño, mediremos o seu ancho e o seu largo, anotamos as medidas, e a continuación con esas cantidades repasaremos as operacións con números decimais (sumamos, restamos, multiplicamos e dividimos o ancho e o largo de cada obxecto), por exemplo:
Medidas do libro: ancho: 23,5 cm
                              largo: 28,9 cm
operación a realizar:  23,5+ 28,9
                                  28,9 - 23,5
                                  28,9 x 23,5
                                  28,9 : 23,5
2º exercicio: consiste en medir a altura das personas que viven con nós, faremos unha táboa na que anotaremos o nome da persoa e a súa altura. A continuación, pasaremos esas medidas a decímetros, centímetros e milímetros e engadirémolas a nosa táboa. Por último, ordenaremos as persoas de menor a maior altura.
3º exercicio: para realizar este exercicio debemos escoller 6 obxectos da nosa casa (preferiblemente obxecto sen liñas curvas e sinxelos, por exemplo unha mesa, un televisor...) tomamos as súas medidas e anotámolas.
A continuación, pasamos esas cantidades a décimas, centésimas e milésimas.
E por último, ordenamos esas medidas de maior a menor, recorda que para ordenalas deben estar na mesma unidade.
4º exercicio: escollemos un obxecto que mida máis dun metro e sen liñas curvas, pode ser algún dos anteriores. Primeiro tomamos as súas medidas, despois pasámolas a centímetros.
Unha vez feito isto, faremos unha representación a escala (debuxo) deste obxecto. A escala a utilizar será escollida por vos:
Exemplo:
mesa: 50 cm x 60 cm  medidas reais
          escollo escala 1:5, isto significa que 1 cm no plano (papel) corresponden con 5 cm na realidade.
Polo tanto, as medidas da mesa no meu debuxo serían: 10cm x 12 cm.
Para finalizar, podedes decorar, a representación do obxecto ao voso gusto.
5º exercicio: curioseade un pouco, buscade información sobre a medida de cousas que vos poidan interesar, por exemplo canto mide un campo de fútbol, o voso estadio favorito, a ponte de rande, o edificio máis alto do mundo, árbore máis alta...o que se vos ocurra!

PLÁSTICA: anímovos dende a área de plástica a que deixedes voar a vosa imaxinación, podedes crear algunha manualidade, debuxo, frase motivadora...para os vosos compañeiros, podedes utilizar os materiais e técnicas que consideredes e despois podedes facermos chegar ao meu enderezo electrónico para colgalos no blog de aula.

Recordade adicar tempo a LECTURA, desfrutade das vosas familias CONVERSAR, DEBATIR, REFLEXIONAR, PENSAR, XOGAR...

E para calquera cousiña, o que precisedes recordade que aquí estou!!! mirámonos pronto!!!! bótovos de menos!!! BICOS E APERTAS.
Por certo, recordade o prazo de entrega para o RELATO CURTO!!!!

MATEMÁTICAS 5º DE PRIMARIA. Os números decimais




Para os máis adiantados, se xa rematastes de repasar e xa vos sabedes todo de marabilla, podedes comezar a traballar con números decimais que era o seguinte tema que nos tocaba. Se hai contidos anteriores que non dominades como as táboas de multiplicar, problemas, fraccións, etc.. prefiro que sigades repasando ata que os dominedes.
Na entrada anterior para matemáticas 5º neste mesmo blog tedes moitísimos recursos para seguir traballando eses contidos online.


Os que decidades comezar cos decimais nesta primeira entrada déixovos varios vídeos explicativos sobre os mesmos e varias ligazóns a actividades para traballar online. Seguindo as instrucións dadas pola Consellería de educación da Xunta de Galicia, tódalas actividades que se propoñan mentres dura esta situación non son avaliables, así que non é necesario que as enviedes, tódolos contidos novos que demos deste xeito termos que volver a dalos cando voltemos as clases. Estas actividades teñen o obxectivo de que vos vaiades familiarizando cos contidos e dalgunha forma adiantar traballo. Para facilitar a aprendizaxe tódalas actividades que envío o ser online teñen ferramentas de auto corrección, polo que saberedes se o estades facendo ben ou non.

Vídeo titoriais

Que son os números decimais?




Convertir unha fracción nun número decimal.


Suma e resta de números decimais.



Actividades online para practicar








Recibide unha aperta do voso profe de mate e lembrade:
#NosQuedamosNaCasa


luns, 16 de marzo de 2020

Ola nenas e nenos de sexto!
Durante un tempo este vai a ser o noso medio de comunicación, así que irei propoñendo algunhas tarefas por esta canle. 
Ademais das tarefas propostas a nivel centro para lingua castelá (somos reporteros!) e para lingua galega (creación dun relato curto), propoño as seguintes actividades para as áreas de ciencias:

CIENCIAS NATURAIS: tiñamos pendente a realización dun traballo escrito sobre os aparatos e sistemas do ser humano (dixestivo, respiratorio, urinario, circulatorio, reprodutor masculino e feminino, sistema nervioso, aparato locomotor e órganos dos sentidos) no que debiades explicar como funcionan, ademais de aproveitar este tempo para rematar o traballo, propoño que elixades algún aparato e intentedes crear unha maqueta utilizando materiais de refugallo, na medida do posible...

CIENCIAS SOCIAIS: tiñamos en marcha unha investigación sobre "a España actual e España na Unión Europea", na que tiñades que buscar información sobre:

- Forma de goberno na actualidade en España, en que consiste?
- Coñeces outras formas de goberno? Cales? En que consisten? Cita algúns países con distintas formas de goberno.
- Cal é o proceso para elixir aos representantes do noso goberno? Explica.
- Que é a constitución española? Que establece? cales son as principais institucións do estado segundo a constitución?
- Que é a Unión Europea? Cales son os seus obxectivos? Que países forman parte dela? Cales son as institucións que organizan o seu funcionamento? En que ano se uniu España a Unión Europea? Que significou para España a integración na Unión Europea?

Ademais de redactar esta información nun documento escrito propoño que creedes unha liña do tempo na que reflexedes a situación política de España dende 1975 ata actualidade, podedes poñer lapelas nas que expliquedes determinados feitos, debuxos representativos... 
A continuación, deixovos unhas fotos do libro de naturais e sociais por si non tedes acceso a internet para investigar. 
Recordade que para calquera dúbida podedes poñermos en contacto comigo no meu enderezo electrónico.
Un saúdo!!!