mércores, 22 de abril de 2020

SAÚDOS dá PROFE ELI para 5º e 6º de PRIMARIA

Ola rapazas e rapaces!! Como estades a levar o de estar na casa tanto tempo? 
Desexo que poñades cantidade de paciencia e mogollón de alegría para poder ir levandoo. 
Sei que estades a traballar moito nas tarefas do cole e espero que aproveitedes tamén este tempo, que ás veces parece interminable, para xogar, bailar, cantar, ler, facer exercicio, axudar nas tarefas de casa, aplaudir...pero sobre todo: 
COMPARTIR EN FAMILIA!!!!. 
Como estamos en PASCOA, aproveito para achegar o meu gran de area e deixarvos a seguinte actividade: 
SORPRESAS NOS OVOS DE PASCUA!!! 
Na imaxe que vos deixo a continuación onde aproveito para desexarvos una Feliz Pascoa, deberedes: 
  • Buscar uns símbolos/iconos e picar sobre eles, para descubrir que haberá neles?...
Espero que vos guste!!! Se queredes enviarme algunha foto, vídeo ou texto contándome: como estades, se vos gustou ou non a actividade; ou simplemente  cos debuxos que vos propoño facer, estaría encantada de recibilo
Déixovos o meu correo: elibalado12@gmail.com 

ÁNIMO RAPAZAS E RAPACES!!! SODES UNS SUPERHEROES!!! 
UN SAÚDO A TODOS DA PROFE ELI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario