luns, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADE SEXTO

Ola a todas e a todos!
Agora que xa podedes saír da casa unha horiña, vamos a aproveitar esas saídas para realizar a seguinte ACTIVIDADE.

       DE RUTA A 1 KM

EXERCICIO 1:

Consiste en localizar a vosa casa, nun plano, para saber exactamente ata onde podedes chegar nas vosas saídas, existen varias páxinas nas que podedes facer esta consulta, como por exemplo 1km.geomatico.es, tede en conta que podedes saír ata un 1 km á redonda, iso significa, que poñendo como centro a vosa casa e trazando unha circunferencia cun radio de 1 km, calcularedes a zona pola podedes estar.
Observade e localizar as zonas que podedes ir e as que non.

EXERCICIO 2:

Debuxaredes un plano da contorna da vosa casa, a continuación, trazaredes sobre o plano unha circunferencia de radio 1 km con centro na vosa casa, deste xeito, xa temos localizada a zona pola que temos permitida saír.
Aquí tedes un exemplo.



EXERCICIO 3:

Tendo en conta que o radio é un dos elementos da circunferencia, reflexiona e responde:


- Coñeces outros elementos da circunferencia? cales?, se non coñeces ningún, investiga e define polo menos 4.
- Debuxa nunha circunferencia os elementos definidos.
- Explica, que diferencia hai entre un círculo e unha circunferencia? Fai un debuxo.
- A superficie ou a área dun círculo calcúlase mediante a seguinte fórmula:

Calculadora del área y perímetro de un círculo o circunferencia. Con fórmulas, ejemplos y problemas resueltos. Ecuación de una circunferencia y de un círculo. Diferencia entre círculo y circunferencia. ESO. Secundaria. Matemáticas. Geometría plana.

    - Que significa π?
    - Calcula a área pola que podes saír a xogar (metros cadrados)
    - Se decidísedes dar un paseo por encima da liña da circunferencia, cantos metros camiñariamos?  pensa e resolve.

EXERCICIO 4:


Seguro que xa coñecedes moitos lugares da vosa contorna, e estou convencida de que con estas saídas descubriredes outros moitos ou apreciaredes algúns que antes pasaban desapercibidos. 

Marcaremos no plano, cun signo convencional os nosos lugares preferidos, utilizaremos 2 signos convencionais distintos un para os lugares que xa coñeciades e outro para os novos lugares descubertos.

EXERCICIO 5: 


Faremos unha listaxe con 5 nomes de plantas e 5 nomes de animais que atopemos nas nosas saídas, especificaremos a que reino pertence cada ser vivo e engadiremos algunhas das súas características, en canto as plantas podemos apuntar algunha utilidade ou curiosidade.


EXERCICIO 6:


Facede unha descrición en galego (mínimo 15 liñas) do lugar preferido da vosa contorna.

Recordade que, describir é explicar de xeito detallado e ordenado, para facer unha descrición debemos observar ben o que imos describir, seleccionar as características máis relevantes e redactar.

Unha vez rematada a descrición seleccionamos 5 adxectivos e os analizamos (especificativo, explicativo, xénero, número, grao)


EXERCICIO 7:


Consiste en expresar a vosa opinión (lingua castelá), crearemos un texto de 10 liñas mínimo no que expliquemos: 

- que pensades sobre a decisión de deixar saír a pasear aos nenos menores de 14 anos 1 hora ao día sen afastarse máis dun km?
- Tomariades a mesma medida?
- Modificariades algo?
- Facede outras propostas...

Recordade que non consiste en responder as preguntas se non de redactar un texto, pensade varias opcións antes de redactar, e utilizade argumentos e contraargumentos.


EXERCICIO 8:


Marcade no plano a vosa ruta preferida nas vosas saídas.




Como o venres é día festivo tedes ata o luns 4 de maio para entregar a Tarefa.

Moitiiiiisimos bicos e apertas, ánimo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario