martes, 14 de abril de 2020

A viaxe de Sexto!!!

Ola a todas e a todos! 
Para comezar este trimestre propoñemos para esta semana unha actividade a nivel centro, na que viaxaremos a ese lugar que tanto desexamos coñecer.

Comezaremos elexindo o noso destino para a continuación programar a nosa viaxe.

- Motivo que vos levou a elixir ese destino?
- Medio de transporte
- Aloxamento
- Canto pode custar a viaxe
- Datas da viaxe
- canto tempo tardaremos en chegar

Cando xa teñamos planificada a nosa escapada, comezaremos a descubrir cousas do noso destino.

Localización: onde se atopa? (país, continente, mares ou océanos que a bañan...), cordilleiras, ríos máis importantes...
Lugares que visitaredes
Gastronomía
Fauna
Flora
Lingua
Cultura
Historia
Clima
Podedes incluír toda a información que sexa do voso interese e presentala utilizando fotos, mapas, debuxos, podedes gravar un video explicando a vosa viaxe, ... deixade voar a vosa imaxinación!
Boa viaxe!
Bicos e apertas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario