luns, 20 de abril de 2020

ACTIVIDADES SEXTO!!!

Ola!!! Comezamos a semana!!! Ánimo!
Para esta semana propoño a seguinte actividade con data de entrega o venres 24 de abril.

EXPERIMENTANDO!!!

Materiais: auga, un vaso (ou un recipiente de vidro), un espello e unha lanterna.

Procedemento:  preparamos unha habitación que estea completamente oscura e enchemos o vaso ou o recipiente de auga, a continuación introducimos o espello. Seguinte paso, encendemos a lanterna e apuntamos ao espello, xogade coa luz da lanterna, apuntade dende diferentes ángulos, movede o espello, experimentade... observar o que sucede...buscade o reflexo da luz, probade en diferentes superficies, con mais auga con menos, lonxe ou preto dunha parede....

A continuación, crearemos un documento escrito no que iremos recollendo os datos e as nosas observacións utilizando o Método científico:
- Que observamos?
- Que sucede?
- Hipóteses (por que pensamos que sucede?)
- Experimentación (que pasa se modificamos posición, dirección da luz, cantidade de auga...)
- Conclusións

É O MOMENTO DE INVESTIGAR... buscade información e intendade explicar que é o que sucede coa luz no experimento, con que fenómeno da natureza podemos relacionar este experimento? explica tamén como se forma este fenómeno óptico na natureza, de que depende, si sempre se forman as mesmas cores...facédevos preguntas e buscar respostas. Recoller esta información no documento escrito, coidando a vosa expresión e ortografía (revisade e correxide, utilizar o dicionario)

Ademais:

* Representade o fenómeno descuberto, podedes facer un debuxo, unha foto, construílo con plastilina...

* Elixide outro fenómeno meteorolóxico e explicade a súa formación.

*  No voso documento escrito subliñade 10 substantivos e analizalos (común, propio, contable, incontable, abstracto, concreto, individual, colectivo, feminino, masculino, singular, plural), escolle tamén dúas palabras agudas, dúas graves e dúas esdrúxulas (se as hai) e explica por que son dese tipo e si se acentúan ou non, apoiándote na norma.

Para calquera dúbida contactar comigo no meu enderezo electrónico.
Moiiiiitiiiiiisiiiiimooooossss BICOS e APERTAS!!!!






1 comentario:

  1. Gustounos moito ver os movementos das luces polo teito da habitación. No noso primeiro intento, só vimos luces brancas. Vera alucinou.
    Moi bonito!!

    ResponderEliminar