Bo
día nenas e nenos, de cara ao 3º trimestre, tratando de sacar proveito da
situación na que nos atopamos tentaremos traballar dunha forma máis
individualizada, atendendo así as necesidades particulares de cada un de vos. Para
isto será preciso unha comunicación máis directa que a que nos permite este
blog, esta comunicación, mentres non haxa outras instrucións por parte da consellaría,
farémola por correo electrónico. Podedes contactar comigo neste enderezo
electrónico: profeagusabelendo@gmail.com.
Podedes
ir enviándome a ese enderezo os vosos correos electrónicos para telos xa o martes
14 de Abril que será cando comecemos a funcionar desta maneira unha vez
rematado o período de vacacións no que nos atopamos.
Desfrutade
das vacacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario