martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDAD LENGUA CASTELLANA Quinto EP
En el cine, la radio, la televisión, la prensa, en la calle... recibimos continuamente mensajes publicitarios. Muchos nos incitan al consumo; otros, en cambio, nos invitan a adoptar determinadas actitudes, como por ejemplo, cuidar el medio ambiente.
La publicidad es una forma de comunicación persuasiva que pretende informar y, sobre todo, convencer a los destinatarios para que actúen de una forma determinada.
El lenguaje de la publicidad
El lenguaje de la imagen y los textos en la publicidad tiene unas características propias:
La imagen, el color, la forma de las letras... llaman la atención rápidamente.
El texto del anuncio, el eslogan, está formado por frases breves, sencillas, fácilmente memorizables. Su misión es anunciar un producto o un mensaje e influir en el receptor.
Para que un mensaje publicitario sea eficaz, hay que tener en cuenta el medio a través del cual se transmite y el público al que va destinado.
El medio. La publicidad es distinta según el medio elegido para difundirla. En un anuncio impreso se juega con la forma, el color o la distribución del espacio, mientras que en la radio o en la televisión tienen mucha importancia los efectos sonoros, la música y el tono de voz.
El receptor. Hay que adaptar el mensaje al tipo de público al que se destina. No se puede utilizar el mismo mensaje para animar a los conductores a utilizar el cinturón de seguridad que para vender un juguete infantil.

ACTIVIDAD: CREAMOS NUESTRO PROPIO ANUNCIO
Para ello, podéis grabar un vídeo en el que anunciaréis un producto o bien crear un cartel en el que aparezca el producto.
Fecha de entrega: 8 de mayo.

luns, 27 de abril de 2020

Matematicas 5º. Repaso de números decimais parte 1


Bo día rapazada, esta semana e a que ven para rematar xa con este tema imos a voltar a traballar en papel. Beeeeen!!!! Siiiii!!!


 Necesito mirar o que estades facendo e que tal vos vai cos decimais así que esta semana e a que ven envíovos un documento en pdf, non necesitades imprimilo, usádelo como se fora o libro. Copiades eses exercicios do documento e facédelos nunha libreta, folio ou o que queirades.

Cando rematedes os exercicios sacádeslles unhas fotos e mandádesme esas fotos do voso traballo ao meu correo profeagusabelendo@gmail.com



Desta maneira eu podo corrixir o voso traballo e facerme unha idea de como funcionou ata o de agora este traballo online.

Como xa vos dixen isto será esta semana ea que ven para repasar e rematar este tema de decimais, se todo vai ben en 15 días comezamos tema novo e volvemos a traballar con xogos e exercicios online.

De acordo? 😉

Aqui tedes o pdf cos exercicios:


Apertas!


ACTIVIDADE SEXTO

Ola a todas e a todos!
Agora que xa podedes saír da casa unha horiña, vamos a aproveitar esas saídas para realizar a seguinte ACTIVIDADE.

       DE RUTA A 1 KM

EXERCICIO 1:

Consiste en localizar a vosa casa, nun plano, para saber exactamente ata onde podedes chegar nas vosas saídas, existen varias páxinas nas que podedes facer esta consulta, como por exemplo 1km.geomatico.es, tede en conta que podedes saír ata un 1 km á redonda, iso significa, que poñendo como centro a vosa casa e trazando unha circunferencia cun radio de 1 km, calcularedes a zona pola podedes estar.
Observade e localizar as zonas que podedes ir e as que non.

EXERCICIO 2:

Debuxaredes un plano da contorna da vosa casa, a continuación, trazaredes sobre o plano unha circunferencia de radio 1 km con centro na vosa casa, deste xeito, xa temos localizada a zona pola que temos permitida saír.
Aquí tedes un exemplo.



EXERCICIO 3:

Tendo en conta que o radio é un dos elementos da circunferencia, reflexiona e responde:


- Coñeces outros elementos da circunferencia? cales?, se non coñeces ningún, investiga e define polo menos 4.
- Debuxa nunha circunferencia os elementos definidos.
- Explica, que diferencia hai entre un círculo e unha circunferencia? Fai un debuxo.
- A superficie ou a área dun círculo calcúlase mediante a seguinte fórmula:

Calculadora del área y perímetro de un círculo o circunferencia. Con fórmulas, ejemplos y problemas resueltos. Ecuación de una circunferencia y de un círculo. Diferencia entre círculo y circunferencia. ESO. Secundaria. Matemáticas. Geometría plana.

    - Que significa π?
    - Calcula a área pola que podes saír a xogar (metros cadrados)
    - Se decidísedes dar un paseo por encima da liña da circunferencia, cantos metros camiñariamos?  pensa e resolve.

EXERCICIO 4:


Seguro que xa coñecedes moitos lugares da vosa contorna, e estou convencida de que con estas saídas descubriredes outros moitos ou apreciaredes algúns que antes pasaban desapercibidos. 

Marcaremos no plano, cun signo convencional os nosos lugares preferidos, utilizaremos 2 signos convencionais distintos un para os lugares que xa coñeciades e outro para os novos lugares descubertos.

EXERCICIO 5: 


Faremos unha listaxe con 5 nomes de plantas e 5 nomes de animais que atopemos nas nosas saídas, especificaremos a que reino pertence cada ser vivo e engadiremos algunhas das súas características, en canto as plantas podemos apuntar algunha utilidade ou curiosidade.


EXERCICIO 6:


Facede unha descrición en galego (mínimo 15 liñas) do lugar preferido da vosa contorna.

Recordade que, describir é explicar de xeito detallado e ordenado, para facer unha descrición debemos observar ben o que imos describir, seleccionar as características máis relevantes e redactar.

Unha vez rematada a descrición seleccionamos 5 adxectivos e os analizamos (especificativo, explicativo, xénero, número, grao)


EXERCICIO 7:


Consiste en expresar a vosa opinión (lingua castelá), crearemos un texto de 10 liñas mínimo no que expliquemos: 

- que pensades sobre a decisión de deixar saír a pasear aos nenos menores de 14 anos 1 hora ao día sen afastarse máis dun km?
- Tomariades a mesma medida?
- Modificariades algo?
- Facede outras propostas...

Recordade que non consiste en responder as preguntas se non de redactar un texto, pensade varias opcións antes de redactar, e utilizade argumentos e contraargumentos.


EXERCICIO 8:


Marcade no plano a vosa ruta preferida nas vosas saídas.




Como o venres é día festivo tedes ata o luns 4 de maio para entregar a Tarefa.

Moitiiiiisimos bicos e apertas, ánimo.

sábado, 25 de abril de 2020

REENCONTRO 6º!!! UN VENRES ESPECIAL!!!

Despois de máis de 40 días...por fin este venres volvemos a mirarnos!!!
Unha pena que non todos conseguiron conectarse, espero que o próximo venres esteamos todos e todas!!!
Encantada de volver a charlar e a rirme con vós. 
O próximo venres repetimos!
Moitos bicos e apertas.



mércores, 22 de abril de 2020

SAÚDOS dá PROFE ELI para 5º e 6º de PRIMARIA

Ola rapazas e rapaces!! Como estades a levar o de estar na casa tanto tempo? 
Desexo que poñades cantidade de paciencia e mogollón de alegría para poder ir levandoo. 
Sei que estades a traballar moito nas tarefas do cole e espero que aproveitedes tamén este tempo, que ás veces parece interminable, para xogar, bailar, cantar, ler, facer exercicio, axudar nas tarefas de casa, aplaudir...pero sobre todo: 
COMPARTIR EN FAMILIA!!!!. 
Como estamos en PASCOA, aproveito para achegar o meu gran de area e deixarvos a seguinte actividade: 
SORPRESAS NOS OVOS DE PASCUA!!! 
Na imaxe que vos deixo a continuación onde aproveito para desexarvos una Feliz Pascoa, deberedes: 
  • Buscar uns símbolos/iconos e picar sobre eles, para descubrir que haberá neles?...
Espero que vos guste!!! Se queredes enviarme algunha foto, vídeo ou texto contándome: como estades, se vos gustou ou non a actividade; ou simplemente  cos debuxos que vos propoño facer, estaría encantada de recibilo
Déixovos o meu correo: elibalado12@gmail.com 

ÁNIMO RAPAZAS E RAPACES!!! SODES UNS SUPERHEROES!!! 
UN SAÚDO A TODOS DA PROFE ELI.

luns, 20 de abril de 2020

Matemáticas 5º. Problemas con números decimais.

Estamos xa rematando o tema dos números decimais, se tedes problemas con algo en concreto podedes repasalo nos videos que vos deixo aqui ou tamén revisar as entradas anteriores do blog.
Para rematar o tema imos a resolver problemas con números decimais.

Lembrade:

Como ler números decimais


Que son os números decimais?





Suma e resta de números decimais.



Converter fracción en decimal e viceversa




Multiplicar números decimais




Multiplicar por unidade seguida de ceros



Dividir por unidade seguida de ceros:



División números decimais:




Converter porcentaxe a decimal e viceversa:


Porcentaxes, fraccións e decimais: 




Actividades de resolución de problemas con números decimais:







Con esas entradas tedes para facer moitos problemas, non fai falta que fagades todos, facede algún de cada, os que precisedes para prácticar e asentar a resolución de problemas con números decimais.

Calquera dúbida, ou se necesitades traballar ou repasar algunha cousa en concreto avisademe no correo profeagusabelendo@gmail.com

Unha aperta para tod@s e para as vosas familias.



















ACTIVIDAD: LENGUA CASTELLANA 5º (semana del 20 al 24 de abril)


EL FOLLETO TURÍSTICO


Esta semana os planteo una situación comunicativa ficticia. Tendréis que convertiros en
promotores de vuestra localidad “Moaña”.
Por tanto, debéis reflexionar acerca de lo que MOAÑA puede ofrecer a los visitantes.
A través de la elaboración de folletos trabajaréis el texto informativo y descriptivo, la
redacción y la adecuación del lenguaje de la imagen.
Para ello, será preciso investigar, diseñar, redactar e ilustrar.

Aquí tenéis unas orientaciones metodológicas.
1. Empezaréis un trabajo de investigación sobre MOAÑA para reflexionar los
atractivos que creéis que tiene vuestra localidad.
2. Podéis observar la página de turismo para extraer información que consideréis
relevante.
3. Lo que se pretende es ganar turistas, por lo tanto, es conveniente partir de un
reconocimiento de la diversidad y la riqueza natural y cultural de Moaña visto
desde vuestra propia experiencia.

Por tanto, la actividad consiste en realizar un folleto turístico de Moaña.
La fecha tope de entrega será lunes 27 de abril.

Estoy segura que os quedará un trabajo maravilloso.
Os echo mucho de menos.

La profe Iria

ACTIVIDADES SEXTO!!!

Ola!!! Comezamos a semana!!! Ánimo!
Para esta semana propoño a seguinte actividade con data de entrega o venres 24 de abril.

EXPERIMENTANDO!!!

Materiais: auga, un vaso (ou un recipiente de vidro), un espello e unha lanterna.

Procedemento:  preparamos unha habitación que estea completamente oscura e enchemos o vaso ou o recipiente de auga, a continuación introducimos o espello. Seguinte paso, encendemos a lanterna e apuntamos ao espello, xogade coa luz da lanterna, apuntade dende diferentes ángulos, movede o espello, experimentade... observar o que sucede...buscade o reflexo da luz, probade en diferentes superficies, con mais auga con menos, lonxe ou preto dunha parede....

A continuación, crearemos un documento escrito no que iremos recollendo os datos e as nosas observacións utilizando o Método científico:
- Que observamos?
- Que sucede?
- Hipóteses (por que pensamos que sucede?)
- Experimentación (que pasa se modificamos posición, dirección da luz, cantidade de auga...)
- Conclusións

É O MOMENTO DE INVESTIGAR... buscade información e intendade explicar que é o que sucede coa luz no experimento, con que fenómeno da natureza podemos relacionar este experimento? explica tamén como se forma este fenómeno óptico na natureza, de que depende, si sempre se forman as mesmas cores...facédevos preguntas e buscar respostas. Recoller esta información no documento escrito, coidando a vosa expresión e ortografía (revisade e correxide, utilizar o dicionario)

Ademais:

* Representade o fenómeno descuberto, podedes facer un debuxo, unha foto, construílo con plastilina...

* Elixide outro fenómeno meteorolóxico e explicade a súa formación.

*  No voso documento escrito subliñade 10 substantivos e analizalos (común, propio, contable, incontable, abstracto, concreto, individual, colectivo, feminino, masculino, singular, plural), escolle tamén dúas palabras agudas, dúas graves e dúas esdrúxulas (se as hai) e explica por que son dese tipo e si se acentúan ou non, apoiándote na norma.

Para calquera dúbida contactar comigo no meu enderezo electrónico.
Moiiiiitiiiiiisiiiiimooooossss BICOS e APERTAS!!!!






mércores, 15 de abril de 2020

Matemáticas 5º. Dividimos con decimais e aprendemos os tantos por cento.

Bo día rapazada, seguimos avanzando no noso coñecemento dos números decimais. Esta semana aprenderemos a dividir con números decimais e o que son as porcentaxes.

División de números decimais






Porcentaxe




Exercicios en liña:







Espero que vos resulten de interese as actividades propostas, espero que vos e as vosas familias sigades ben.

Lembrade que podedes contactar conmigo no enderezo electrónico profeagusabelendo@gmail.com

Apertas para tod@s.



martes, 14 de abril de 2020

A viaxe de Sexto!!!

Ola a todas e a todos! 
Para comezar este trimestre propoñemos para esta semana unha actividade a nivel centro, na que viaxaremos a ese lugar que tanto desexamos coñecer.

Comezaremos elexindo o noso destino para a continuación programar a nosa viaxe.

- Motivo que vos levou a elixir ese destino?
- Medio de transporte
- Aloxamento
- Canto pode custar a viaxe
- Datas da viaxe
- canto tempo tardaremos en chegar

Cando xa teñamos planificada a nosa escapada, comezaremos a descubrir cousas do noso destino.

Localización: onde se atopa? (país, continente, mares ou océanos que a bañan...), cordilleiras, ríos máis importantes...
Lugares que visitaredes
Gastronomía
Fauna
Flora
Lingua
Cultura
Historia
Clima
Podedes incluír toda a información que sexa do voso interese e presentala utilizando fotos, mapas, debuxos, podedes gravar un video explicando a vosa viaxe, ... deixade voar a vosa imaxinación!
Boa viaxe!
Bicos e apertas.

luns, 6 de abril de 2020

Matematicas 5º de primaria. Traballo individualizado.



Bo día nenas e nenos, de cara ao 3º trimestre, tratando de sacar proveito da situación na que nos atopamos tentaremos traballar dunha forma máis individualizada, atendendo así as necesidades particulares de cada un de vos. Para isto será preciso unha comunicación máis directa que a que nos permite este blog, esta comunicación, mentres non haxa outras instrucións por parte da consellaría, farémola por correo electrónico. Podedes contactar comigo neste enderezo electrónico: profeagusabelendo@gmail.com.

Podedes ir enviándome a ese enderezo os vosos correos electrónicos para telos xa o martes 14 de Abril que será cando comecemos a funcionar desta maneira unha vez rematado o período de vacacións no que nos atopamos.

Desfrutade das vacacións!

mércores, 1 de abril de 2020

Bo día!
Hoxe quero compartir algunhas mensaxes que me fixeron chegar os vosos compañeiros e compañeiras.
A primeira foto é de Diego e a segunda de Noa.
Animádevos a compartir.