domingo, 8 de decembro de 2019

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!!

Os nenos e as nenas de sexto estamos encantados coa visita da nai de Inés!!!
Ela ofreceuse para ensinarnos como funciona unha empresa, que hai que ter en conta á hora de levar a cabo un proxecto e que instrumentos nos son útiles para levar o control e xestionar os gastos e as ganancias.
Unha información moi interesante de cara a organización da nosa excursión de fin de curso.
Xa sabedes que as portas da nosa aula están abertas!!!...animádevos a colaborar!!!





luns, 2 de decembro de 2019

VISITA AO IES PARALAIA

O pasado 15 de novembro os alumnos e alumnas de sexto visitaron o IES Paralaia, a finalidade era facer unha pequena toma de contacto co que será o seu instituto o vindeiro ano.
O alumnado e o profesorado tiñan todo preparado, chocolate, doces, castañas,... obradoiros nos que elaboramos distintos adornos de nadal...e ata nos deron uns bonitos agasallos; unha camiseta e unha cunca co noso nome. 
Grazas a todos por facernos sentir coma na nosa escola!








A NOSA PRIMEIRA SAÍDA!!!

Os nenos e nenas de quinto e sexto realizaron a súa primeira saída para ir ao teatro, a obra elixida, "Troia", é unha interesante interpretación sobre os fraudes tecnolóxicos e trata de concienciar ao público dos riscos aos que nos expoñemos ao utilizar as novas tecnoloxías.
 Unha mañá distinta na que non faltaron as risas!