domingo, 8 de decembro de 2019

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!!

Os nenos e as nenas de sexto estamos encantados coa visita da nai de Inés!!!
Ela ofreceuse para ensinarnos como funciona unha empresa, que hai que ter en conta á hora de levar a cabo un proxecto e que instrumentos nos son útiles para levar o control e xestionar os gastos e as ganancias.
Unha información moi interesante de cara a organización da nosa excursión de fin de curso.
Xa sabedes que as portas da nosa aula están abertas!!!...animádevos a colaborar!!!





luns, 2 de decembro de 2019

VISITA AO IES PARALAIA

O pasado 15 de novembro os alumnos e alumnas de sexto visitaron o IES Paralaia, a finalidade era facer unha pequena toma de contacto co que será o seu instituto o vindeiro ano.
O alumnado e o profesorado tiñan todo preparado, chocolate, doces, castañas,... obradoiros nos que elaboramos distintos adornos de nadal...e ata nos deron uns bonitos agasallos; unha camiseta e unha cunca co noso nome. 
Grazas a todos por facernos sentir coma na nosa escola!








A NOSA PRIMEIRA SAÍDA!!!

Os nenos e nenas de quinto e sexto realizaron a súa primeira saída para ir ao teatro, a obra elixida, "Troia", é unha interesante interpretación sobre os fraudes tecnolóxicos e trata de concienciar ao público dos riscos aos que nos expoñemos ao utilizar as novas tecnoloxías.
 Unha mañá distinta na que non faltaron as risas!

mércores, 27 de novembro de 2019

PRIMEIROS AUXILIOS

Os nenos e nenas de 6º de EP aprendemos a previr situacións de risco, a realizar técnicas básicas de primeiros auxilios e a actuar con calma, rapidez e efectividade en situacións de emerxencia.
Practicamos técnicas como a manobra de Heimlich, reanimación cardiopulmonar (RCP)...
Pasámolo moi ben pero o máis importante é que grazas a estos coñecementos estamos preparados para...SALVAR VIDAS!










mércores, 23 de outubro de 2019

INVESTIGAMOS SOBRE OS SERES VIVOS

Logo de profundizar no primeiro tema de naturais “ Os seres vivos” e aprender sobre as súas características tipos e funcións, que mellor que un pequeno “estudo de campo”.
 O alumnado de 5º e 6º puido sair aos arredores do centro para coller mostras de seres vivos e poder observalos na nova aula de Arte e Ciencias.Logo de explicarlles o método científico, pudieron experimentar o que sinten os/as científicos/as ao observar a vida nun plano mocroscópico.
Aprenderon a utilizar as lupas bioculares e os microscopios ,incluso , alguha alumno/a trouxo da casa o seu propio kit de investigador/a.
Foi una sesión do máis didáctica  e divertida.
Aquí queda pois, unha pequena mostra gráfica da sesión de búsqueda e experimentación!